You are hereCurso 20-21
Curso 20-21
CUALIFICACIÓNS PROBAS LIBRES 2020/2021
No arquivo adxunto podes consultar as cualificacións de probas libres de CM Farmacia e parafarmacia e CS Anatomía patolóxica e citodiagnóstico.
(BA= Baixa do/a alumno/a na proba)
PROGRAMACIÓNS MÓDULOS PROBAS LIBRES
Programacións dos módulos do CS Anatomía Patolóxica e citodiagnóstico e do CM Farmacia e parafarmacia para as probas libres
DATAS PROBAS LIBRES 2020/2021
As probas libres de ciclos medios e superiores darán comezo o día 7 de xuño ás 10:00h coa XORNADA DE PRESENTACIÓN que é de obrigada asistencia.
A continuación comezarán os exames nas horas e datas que se detallan nas táboas e arquivos adxuntos:
Alumnado FPB Mantemento de vehículos
O alumnado da FPB de mantemento de vehículos durante unha clase de taller. Aprendizaxe, harmonía e bo facer. O futuro da mecánica do automóbil.
OBRADOIRO EMPRENDEMENTO
A formadora Raquel Pedrouso analizou co alumnado do primeiro curso dos ciclos formativos qué significa ter actitude emprendendora e cales son as habilidades e competencias necesarias para desenvolvela.
O obradoiro estruturouse en dúas fases, traballando na primeira o autocoñecemento co obxectivo de conectar cos valores propios, para na segunda desenvolver ideas de negocio en consonancia con estes.
PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS 2021
Está publicado o calendario para solicitar a participación nas probas de acceso a ciclos formativos así como as bases e normativa da convocatoria.
Información no seguinte enlaces: Probas acceso a ciclos
CONCURSO SAN VALENTÍN 2021
Convocatoria do concurso de mensaxes de amor San Valentín 2021
PROCESO DE SELECCIÓN NOS CURSOS AFD PARA PERSOAS DESEMPREGADAS
Para solicitar a admisión nos cursos AFD podes acudir á túa oficina de empleo ou solicitalos na oficina virtual co teu usuario e contrasinal.
Máis información sobre os cursos no seguinte enlace: Info_Cursos_AFD_IESMontecelo
Os procesos de selección de alumnado para os cursos AFD no IES Montecelo terán lugar nas datas e horas sinaladas a continuación:
-
SERVICIOS ESTÉTICOS DE HIXIENE, DEPILACIÓN Y MAQUILLAJE
Martes 9 de febreiro ás 10:00h no IES Montecelo
-
MANTEMENTO DO MOTOR E OS SEUS SISTEMAS AUXILIDARES
Mércores 10 de febreiro ás 10:00h no IES Montecelo
- IMPRESIÓN DIXITAL
Xoves 11 de febreiro ás 11:00h no IES Montecelo
- INSTALACIÓNS E MANTEMENTO DE XARDÍNS E ZONAS VERDES
Xoves 11 de febreiro ás 11:00h no IES Montecelo
Ao proceso de selección, deberá acudirse coa seguinte documentación: Fotocopia DNI e fotocopia da titulación da ESO (ou a que se posúa para poder inscribirse no curso).
Protocolo COVID: Deberá agardarse na entrada do centro gardando distancia de seguridade de 1,5 m e vir provistos de mascarilla, así como realizar a hixiene de mans co xel hidroalcohólico que encontrarán na porta de entrada
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »