You are hereProxectos
Proxectos
OFERTA MOBILIDADES ERASMUS+ CURSO 2023/2024
6 MOBILIDADES KA121 (GRAO MEDIO E GRAO BÁSICO)
4 MOBILIDADES KA131 (GRAO SUPERIOR)
Mobilidades Erasmus+ Convocatoria 2023
Inicio do procedemento de selección de candidatos para as mobilidades Erasmus+ da convocatoria 2023. Nos documentos adxuntos e enlaces podedes atopar toda a información.
Proxecto de exposición fotográfica sobre estilismo
Hoxe o alumnado do módulo de EIE do ciclo superior de Produción nas industrias gráficas comezou coa búsqueda de fotografías para realizar un proxecto coordinado de todo o ciclo para montar unha exposición fotográfica de estilismos actuais e antiguos.
O día 6 e 7 de novembro estará montado un photocall na biblioteca do centro para que alumnado, profesorado e todo o personal do centro interesado sexa modelo por un día. Martín e Sara empregarán as súas cámaras e a súa ollada de fotógraf@s para conseguir unhas imaxes artísticas.
Tamén a búsqueda de fotos está aberta a que participedes tod@s enviando fotos antigas do voso arquivo familiar ou fotos realizadas por vos que amosen a evolución da moda.