Nova decoración no corredor do centro: lembrando as Galcamisetas
Decoración do corredor do centro, realizada polo alumnado de FP básica de Artes Gráficas) homenaxeando aos gañadores do concurso "Galcamiseta".
Concurso concesión do servizo de cafetería
Tal e como ser recolle na Instrución 7/2017, do 30 de maio, para a contratación do servizo de xestión e explotación de cafetería en centros docentes non universitarios dependentes da Consellería, faise exposición pública do CONCURSO DE CONCESIÓN DO SERVIZO DE CAFETERÍA DO IES MONTECELO.
Prazo entre o xoves 8 de xuño ata as 14.00 horas do venres 23 de xuño.
A escritora Eva Mejuto e o grupo Canela Cafuné charlan sobre transexualidade
O alumnado de FP básica charlou sobre transexualidade coa escritora Eva Mejuto, autora do libro "22 segundos" e co dúo musical "Canela Cafuné". O alumnado participou na charla coa lectura dalgúns parágrafos do libro e acompañando ao grupo musical coas súas cancións. Venres 2 de xuño de 2017.
Galcamiseta 2017
Jara Cadenas Urquía, alumna de 1º do ciclo superior de Deseño e xestión da produción gráfica, deseñou a camiseta gañadora do concurso "Galcamiseta" en homenaxe a Carlos Casares polo día das letras galegas. Parabéns!
Dous premios nos Proxectos de Innovación de FP 2017
O IES Montecelo recibe dous premios na convocatoria de Proxectos de Innovación 2017 cos proxectos Climobil Solar e A nosa camelia: tan curiosa como saborosa.
Climobil Solar pretende a construción dun sistema que refrixere o vehículo sen consumir unha gota de combustible, xa que o proceso empregaría nun primer momento a enerxía solar. O IES Montecelo é o coordinador do proxecto, no que colabra o IES de Vilalonga e as empresas Inelsa Solar e Desguaces San.
A nosa camelia: tan curiosa como saborosa é un proxecto coordinado polo CIFP Carlos Oroza, coa participación do CIFP A Granxa , IEs Montecelo e as empresas Estación Fitopatolóxica de Areeiro, O Eurado da Leña S.L., Promove Consultoría e Formación S.L., Escola de Hotelaria e Turismo do Douro-Lamego e Asociación Micolóxica Brincabois.
Congreso Innova FP 2017
Alumnado e profesorado do departamento de Artes Gráficas asistiron ao congreso Innova FP do 10 ao 12 de maio de 2017 para presentar "PonteVan", proxecto coordinado polo CIFP Carlos Oroza no que colaboran o IES Frei Martín Sarmientos, o CIFP A Xunqueira e o IES Montecelo.
Homenaxeando o centenario de Rosalía de Castro
O IES Montecelo conmemora o centenario de Rosalía de Castro cun fermoso traballo realizado dende o departamento de Artes Gráficas.
Participa no concurso Eduemprende Idea
O 17 de abril a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convocou o concurso Eduemprende Idea 2017 co fin de potenciar a realización de proxectos empresariais polo alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño.
Requisitos de participación:
1. Estar matriculado no curso 2016/17 nas ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia, sostidas con fondos públicos. 2. A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro.
Modalidades e características dos premios
Premiaranse os tres mellores proxectos de empresa de cada modalidade.
1. Modalidade A: ciclos de grao superior:
– Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
– Asesoramento técnico do Igape.
– Dotación económica:
1º premio: 3.000 €.
2º premio: 2.000 €.
3º premio: 1.000 €.
2. Modalidade B: ciclos de grao medio:
– Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación e Universitaria. – Asesoramento técnico do Igape.
– Dotación económica:
1º premio: 3.000 €.
2º premio: 2.000 €.
3º premio: 1.000 €
Prazo de presentación de solicitudes: Será de 30 días naturais contados a partir do día 18 de abril.
Lugar de presentación de solicitudes: Presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Ficha de persoas participantes segundo o anexo II da convocatoria.
b) Proxecto de empresa.
c) Resumo executivo do proxecto.
d) Vídeo de presentación do proxecto.
Podedes consultar toda a información relativa a convocatoria no seguinte enlace:
http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20170417_concurso_eduemprende.pdf
Se tedes algunha dúbida ou necesidade de asesoramento pasarvos polo instituto para falar co departamento de FOL.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- …
- seguinte ›
- última »