You are hereBlogues / blogue de admin / Con dones e doñas: un proxecto de alumnado de 2º de preimpresión dixital

Con dones e doñas: un proxecto de alumnado de 2º de preimpresión dixital


Os alumnos de 2º de Preimpresión Dixital, Daniel, Yolanda, Carlos, Carla, Araceli e Santiago, entregaron o recaduado no seu proxecto efímero "Con dones e doñas" á Asociación Galega de Persoas afectadas polo VIH, AGAVIH. Na foto inferior, Cándida, a representante da asociación, recibe a hucha cos 63 euros recaudados.

Do 12 ao 14 de febreiro, os 6 alumnos levaron á practica a súa idea de proxecto para o módulo de EIE cuxo obxectivo era concienciar da importancia da prprevención e saúde sexual. Em 3 recreos repartiron preservativos personalizados con pegatinas e folletos informativos. O alumnado contou coa colaboración do centro Quérote +, que doou 100 preservativos.

Parabéns ao alumnado pola iniciativa e grazas ás entidades colaboradoras.