You are hereBlogues / blogue de belensanchez / 2ª adxudicación ordinaria.Admisión a ciclos formativos. Convocatoria 2018
2ª adxudicación ordinaria.Admisión a ciclos formativos. Convocatoria 2018
Réxime ordinario
O prazo de matricula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue desde o venres 27 de xullo ata as 13:00 horas do martes 31 de xullo de 2018. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada.
A renuncia, a unha praza adxudicada para permanecer en listaxe de espera doutras de mellor preferencia, poderase presentar en calquera centro de Galicia con oferta sostida con fondos públicos de ciclos formativos de Formación Profesional. Tamén se poderá renunciar á praza adxudicada vía web, pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" de "Ven a FP".