You are hereBlogues
Blogues
DOCUMENTACIÓN MATRÍCULA GRAO BÁSICO 22/23
A documentación que deberán aportar para formalizar a matrícula os solicitantes adxudicados en Formación profesional básica é a seguinte:
- Solicitude de matrícula (documento que lles deron como xustificante da solicitude no centro de orixe)
- 1 foto tamaño carnet (co nome do alumno escrito por detrás)
- Fotocopia do DNI
- Fotocopia da tarxeta sanitaria
- Consello orientador (se non o ten deberá solicitalo no centro de orixe)
- Sobre de matrícula (Se recolle no IES Montecelo)
- Pago seguro escolar (En efectivo no IES Montecelo)
A matrícula deberá ser formalizada preferiblemente antes do 30 de xullo.
As fotocopias necesarias fanse no IES Montecelo, non é preciso traelas xa feitas.
DOCUMENTACIÓN MATRÍCULA 2022/2023
No arquivo adxunto podedes consultar a documentación que precisaredes para a matrícula de Ciclos Medios e Superiores para o curso 2022/2023 e as datas para a matrícula da 1ª adxudicación
Para poder facer a matrícula debe estar adxudicado a este centro nas listas de adxudicación que se publican o día 19 de xullo como 1ª adxudicación ou na 2ª ou 3ª adxudicación cuxas datas de publicación son o 27 de xullo e 2 de setembro.
Deben atenderse as instrucións que se publicarán coas listaxes, tanto para a matrícula no ciclo adxudicado como a renuncia ao mesmo.
PRAZAS ADXUDICADAS 2º ANATOMIA CURSO 2022/2023
Prazas adxudicadas para cursar 2º Anatomía no curso 2022/2023 sen praza garantida.
Publícase a 2ª adxudicación como adxunto
ADMISIÓN CICLOS MEDIOS E SUPERIORES 2022/2023
Presentación de solicitudes dende o 23 de xuño ata o 5 de xullo ás 13:00h. A solicitude faise na aplicación Ciclosadmision (activa só no prazo de presentación de solicitudes). Para alumnado de 1º curso.
O solicitante debe comprobar se ten que entregar a solicitude nun centro con oferta de FP ou se xa está entregada online. (O documento xustificante da solicitude que xera a aplicación ao rematar indica se hai que entregalo ou non)
Máis información do proceso de admisión para ciclos medios e superiores en:
Info admisión ciclos medios e superiores
ADMISIÓN FP BÁSICA 2022/2023
Presentación de solicitudes: dende o 27 de xuño ata o 6 de xullo ás 13:00 h (No centro onde se está estudando neste curso)
O alumnado desescolarizado ten que presentar solicitude no mesmo prazo pero no centro que elixa como 1ª opción na solicitude
Plan Proxecta no IES Montecelo
O Plan Proxecta sobre Educación sexual no IES Montecelo
Durante o curso 2021/2022 o alumnado da FP Básica estivo traballando co programa Quérote+, promovido polo Departamento de Comunicación e Sociedade.
As profesoras desenvolveron as actividades do programa sobre Educación sexual ao longo do curso, e visitou o centro, a sexóloga Bárbara Penas no mes de abril.
O grupo de peiteado e estética, volcou as actividades realizadas no blog Peiteando a diversidade que podedes consultar no seguinte enlace: Peiteando diversidade
OFERTA DE TRABALLO DESEÑADOR GRÁFICO
Dispoñibles dúas ofertas de traballo para deseñadores gráficos.
Alumnado recén titulado ou exalumnado interesado nas ofertas contactar co centro no télf. 986850261 ou enviar CV a ies.montecelo@edu.xunta.gal co asunto Oferta deseñador gráfico.
PRESENTACIÓN PROBAS LIBRES
A xornada de acollida para as probas libres do curso 2021/22 será o 6 de xuño ás 12:05h.
O alumnado matriculado nas probas libres deberá presentarse á xornada de acollida para ter dereito á realización das probas.
PROGRAMACIÓNS PROBAS LIBRES 2022
Nos arquivos adxuntos podedes atopar as programacións das probas libres de 2022
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »