You are hereBlogues

Blogues


1° premio na categoría de ciclos medios no programa Depoemprende na FP

Hoxe os nosos alumnos José Carlos Rodríguez,  Andrea Abal e Julián Sevilla, estudantes do ciclo medio de Farmacia e Parafarmacia, recibiron o primeiro premio na categoría "ciclo medio" do programa Depoemprende na FP co seu proxecto "Camiñando". Parabéns!

Datas e horario para a entrega das notas finais do curso 2019-2020

Para cumprir cos protocolos de prevención e seguridade derivados da situación actual,  a entrega de notas de cada curso realizarase seguindo o seguinte calendario e horario. Lémbrase que é necesario o uso de mascarilla.

AVISO IMPORTANTE: o novo horario de entrega de notas do Ciclo Superior de Deseño e xestión da produción gráfica:

 

  • 11.30 a 12.30: 2º curso de Deseño e xestión da produción gráfica
  • 12.30 a 13.30: 1º curso de Deseño e xestión da produción gráfica

 

 

Aquamóbil Adapt, o triciclo anfibio para persoas en cadeira de rodas

Aquamobil adapt é un triciclo anfibio con motor eléctrico para persoas en cadeira de rodas. Proxecto de innovación realizado polo alumnado de FP Básica do IES Montecelo. Premiado no FPInnova, Consellería de Educación e Formación Profesional.

 

Quérote+ no Montecelo 2019-2020

Un ano máis o centro participa no Plan Proxecta a través do programa Quérote+, coa finalidade de formar ao noso alumnado de 1º de FP Básica en materia de educación afectivo-sexual. A pesar das peculiaridades deste curso académico os alumnos e as alumnas acolleron con curiosidade e emoción o desenvolvemento do programa acadando un alto grao de participación e implicación.

Como arquivo adxunto publicamos a Memoria final avaliando os resultados deste ano e amosamos cunhas imaxes e vídeos algúns momentos vividos polo alumnado durante a realización das actividades propostas.

                                                                                                                                   

  

 

Probas libres 2020

Apertura do prazo matrícula probas libres para obtención de títulos de técnico e técnico superior do 1 ao 12 de xuño.

As probas terán lugar na primeira quincena de setembro.

Máis info en: http://www.edu.xunta.gal/fp/probas-libres-convocatoria-actual

Novas datas para as probas de acceso a ciclos



Ciclos medios:
Nova data da proba: 10 de xuño
Calendario e información actualizada

 
Ciclos superiores:
Nova data da proba: 11 de xuño
Calendario e información actualizada

Modificacións das programacións por mor da situación COVID-19

Publícanse as modificacións das programacións dos módulos profesionais. Podes consultar a información nos arquivos adxuntos.