Innovación

 

FP Novi

 

 

 

Familias profesionais:

  • Electricidade e electrónica.
  • Fabricación mecánica.
  • Informática e comunicacións.

Centro colaborador:

  • CIFP As Mercedes.
Entidades colaboradoras:
  • Pedro Cuesta.
  • EasyWorks.
Obxectivos:
  • Deseñar e construír un robot autoequilibrado multifuncional para ser usado como elemento difusor de FP Innova 2018.
  • Usar a capacidade de innovación dos centros educativos para difundir e pór en valor a Formación Profesional de Galicia.
  • Fomentar o traballo en equipo do alumnado e o profesorado de varias familias profesionais e centros educativos, nun proxecto complexo e innovador.
Síntese do proxecto:

Deseño e construción dun robot multifuncional e autoequilibrado como elemento difusor no congreso FP Innova, que ofreza información ás persoas visitantes ao evento. A primeira versión do robot xorde da materialización da imaxe proxectada na edición do congreso do ano 2017 e incorpora funcionalidades como as capacidades de movemento, de visión, de audio e de reprodución de vídeo.

FP Innova 2018:

 

 

Aparicións en prensa:

 

 

 

Mañexo dun Brazo robot Industrial ABB

Mañexo dun Brazo robot  Industrial ABB

Os alumnos de 2º curso de Robótica Industrial acudiron a FPINNOVA cun Brazo IRB120 de ABB para  ensinar algunha das practicas realizadoa o longo deste curso

Proxectos de innovación

Robot NOVI 2019

O noso robot NOVI foi redeseñado neste ano con unha nova cabeza controlada en dous sentidos e máis un sistema de desprazamento por eiruga controlado por un radar LIDAR.

Ademais dotouse de mans de tipo humanoide de cinco dedos controladas por 12 servos.

O sistema controlase mediante 2 arduinos tipo mega e mais unha raspberry pi 3.

 

 

 

Ferramenta multiúsos para soldadura

IN34 - Ferramenta multiúsos para soldadura

 

Familias profesionais:
Fabricación mecánica
Centro educativo coordinador:CIFP Ferrolterra, Ferrol
Centros colaboradores:
IES de Fene, Fene
Entidades colaboradoras:
Talleres Mecánicos Galicia SL
Herramientas Ferpa SL
Obxectivos:
  • Realizar o deseño mecánico, mediante CAD para a elaboración da ferramenta para operacións auxiliares de soldadura.
  • Realizar os procesos de fabricación (forxa, fundición, tratamento térmico) e montaxe de compoñentes.
  • Analizar os procedementos de calidade, prevención de riscos laborais e ambientais, para actuar de acordo á lexislación vixente.
Síntese do proxecto:

Deseño e fabricación dunha ferramenta multiuso para soldadura na que se xuntan nunha soa, un conxunto de ferramentas que permite realizar diversas operación auxiliares dunha maneira mais cómoda, empregando unha única multiferramenta.

Participantes:

Profesorado do departamento de Fabricación mecánica do CIFP Ferrolterra e do IES de Fene.

Alumnado dos ciclos formativos da familia profesional de Fabricación mecánica do CIFP Ferrolterra e do IES de Fene.

Coordinador: Fernando López González.

Prototipo de sistema Dish Stirling

IN14 - Prototipo de sistema Dish Stirling

Familias profesionais:
Electricidade e electrónica
Enerxía e auga
Fabricación mecánica
Instalación e mantemento
Centro educativo coordinador:CIFP Ferrolterra, Ferrol
Centros colaboradores:
Escola de Especialidades Antonio de Escaño, Ferrol
Entidades colaboradoras:
Soluciones Metalúrgicas Gallegas SL
IELEC, Industria y electricidad SL
Obxectivos:
  • Difusión das enerxías renovables mediante o traballo na aula.
  • Aplicación práctica das enerxías renovables.
  • Traballo na aula dos distintos aspectos do proxecto.
Síntese do proxecto:

Deseño e construción dun sistema de microxeración de enerxía eléctrica empregando un colector solar cilíndrico parabólico, un seguidor solar, un motor Stirling e un xerador eléctrico que poida integrarse dentro dun sistema híbrido de produción de enerxía renovable, facilitando o autoconsumo e redución de custos para os fogares.

Participantes:

Profesorado dos departamentos de Electricidade e electrónica, Enerxía e auga, Fabricación mecánica e Instalación e mantemento.

Alumnado dos ciclos formativos das familias de Electricidade e electrónica, Enerxía e auga, Fabricación mecánica e Instalación e mantemento.

Coordinador: Antonio Rivas Goas.

 

Electrobicicleta

IN09 - Electrobicicleta

 

Familias profesionais:
Fabricación mecánica
Instalación e mantemento
Transporte e mantemento de vehículos
Centro educativo coordinador:CIFP Ferrolterra, Ferrol
Centros colaboradores:
IES Illa de Sarón, Xove
Entidades colaboradoras:
Soluciones metalúrgicas integrales 1980 SL
Hospital Nacional de Parapléjicos, Toledo
Obxectivos:
  • Facilitar o uso da bicicleta a nenos/as con mobilidade reducida.
  • Conseguir adaptar as bicicletas ao crecemento dos/das nenos/as.
  • Fabricar un medio de transporte sinxelo e ecolóxico para persoas con mobilidade reducida.
Síntese do proxecto:

Deseño e montaxe dunha bicicleta eléctrica de man para nenos e nenas con mobilidade reducida, eliminando así as barreiras de acceso. O asento pode adaptarse ao crecemento dos/das nenos/as.

Participantes:

Profesorado dos departamento de Fabricación mecánica.

Alumnado dos ciclos formativos da familia profesional de Fabricación mecánica co IES Politécnico de Vigo.

Coordinador: José Antonio Alvite Fernández.

Posicionador de pies y de Tripode para Visor Tactil para Arqueros Invidentes

El proyecto consiste en el diseño y fabricacion de un Posicionador de pies y de Tripode para Visor Tactil, que será utilizado en la practica del tiro con arco en arqueros Invidentes. Para realizar este Proyecto se ha tomado como referencias distintos Posicionadores que utilizan los arqueros principalmente Ingleses y Franceses, así como la Campeona del mundo, la americana Janice Walth.
 
El proyecto esta destinado al arquero invidente, Adrian Orjales, uno de los dos arqueros que oficialmente hay a dia de hoy en España pueda seguir progresando en su aprendizaje, asi como el que pueda llegar a cabo su Calificacion Internacional.
 
En el diseño y fabricacion han participado los ciclos de Diseño en Fabricacion Mecanica (Santiago Otero Paz),Mecanizado (José Bermudez Cora), Soldadura y Mecatronica (Jose Manuel Alvite) del CIFP Ferrolterra y sus entrenadores Anxo Grandal y José Teijeiro, del Club de Arco A Frouxeira.
 

 

 

Aparicións en prensa:

 

K-BOT. Robot educativo e Hospital de robots

 

 

Proxecto do  K-BOT Robot educativo e Hospital de robots