Prototipo de sistema Dish Stirling

 

IN14 - Prototipo de sistema Dish Stirling

Familias profesionais:
Electricidade e electrónica
Enerxía e auga
Fabricación mecánica
Instalación e mantemento
Centro educativo coordinador:CIFP Ferrolterra, Ferrol
Centros colaboradores:
Escola de Especialidades Antonio de Escaño, Ferrol
Entidades colaboradoras:
Soluciones Metalúrgicas Gallegas SL
IELEC, Industria y electricidad SL
Obxectivos:
  • Difusión das enerxías renovables mediante o traballo na aula.
  • Aplicación práctica das enerxías renovables.
  • Traballo na aula dos distintos aspectos do proxecto.
Síntese do proxecto:

Deseño e construción dun sistema de microxeración de enerxía eléctrica empregando un colector solar cilíndrico parabólico, un seguidor solar, un motor Stirling e un xerador eléctrico que poida integrarse dentro dun sistema híbrido de produción de enerxía renovable, facilitando o autoconsumo e redución de custos para os fogares.

Participantes:

Profesorado dos departamentos de Electricidade e electrónica, Enerxía e auga, Fabricación mecánica e Instalación e mantemento.

Alumnado dos ciclos formativos das familias de Electricidade e electrónica, Enerxía e auga, Fabricación mecánica e Instalación e mantemento.

Coordinador: Antonio Rivas Goas.