Dinamización da Lingua Galega

 

CONCURSO DE NADAL

Dende o equipo de dinamización da lingua galega estamos a organizar un novo concurso. Vendo a vosa creatividade, decidimos que elixades vós o que vos gustaría facer, coa única condición de que vos inspiredes no Nadal, e leve texto ou audio en galego. Animádevos a participar, neste concurso repartimos máis premios!

XA TEMOS AOS GANADORES DO CONCURSO DE SAMAÍN!

  

Cabazas presentadas ao concurso de Samaín

Moitas grazas a todos os que participastes no concurso de Samaín, puxéstesllo moi difícil ao xurado. A semana que ven coñeceremos aos ganadores.
Deixámosvos por aquí as cabazas para que as vexades en detalle: 
FABRICACIÓN ADITIVA
 
 
 
 
 
HABILITACIÓN NAVAL
 
 
 
DESEÑO E AMOBLAMENTO
 
 
CONSTRUCIÓNS METÁLICAS
 

Concurso de cabazas

Este ano celebramos o 1º concurso de cabazas de Samaín, participa traéndonos a túa creación.

Non perdas a oportunidade de ganar un dos premios!

Cartel do concurso

Roteiro Ferrol - Neda

15/11/2023 09:00
Europe/Madrid

O día 15 de Novembro faremos a ruta do camiño inglés de Ferrol a Neda. Sairemos do centro ás 9:00 e estaremos de volta ás 15:00 h, co bus interurbano. A continuación detallo as opcións para o billete de volta:

Os que sexades menores de 21 anos se tedes a tarxeta Xente Nova o billete é gratuíto, aínda que debedes recargala inicialmente. Para máis información consultade o seguinte enlace:

https://www.bus.gal/gl/xente-nova

Para os maiores de 21 a xunta ten a opción de facer a TMG (tarxeta de mobilidade de Galicia) que ten o billete sinxelo a 0,44 € e que se pode facer a través das oficinas de Abanca tamén, para o cal adxunto enlace:

 

https://tmg.xunta.gal/tarxeta-metropolitana-introducion

En caso de non posuír ningunha das tarxetas anteriores, o billete sinxelo ten un custo de 1,55 €.

A data ata a que poder apuntarse a esta actividade é o 5 de Novembro, enviando un correo electrónico a dinamizacion.ferrolterra@gmail.com

 

PROXECTO LINGÜÍSTICO

 

documento-r – Fundación TTM

Proxecto Lingüístico

Dende o EDLG, queremos felicitar aos gañadores dos premios GOYA, pero en especial a:

“Valentina”,dirixida pola ferrolá Chelo Loureiro,

Goya á "Mellor Película de Animación"

Chechu Salgado,

Goya ao actor revelación por "Las leyes de la frontera"

'The Monkey', de Xosé Zapata e Lorenzo Degl' Innocenti,

Mellor Curtametraxe de Animación nos Premios Goya 2022

Porque en Galego, non só vamos,

senón que tamén gañamos !!

 

Noraboa!

 

A PALABRA DO ANO 2021

Queres votar á palabra do ano 2021?

Entra nesta ligazón: http://portaldaspalabras.gal/palabradoano/

A PALABRA DO ANO 2021

Poesía e Imaxe. En galego sen filtro

05/02/2018 13:42
Europe/Madrid

Xa está en marcha o proxecto de "Poesía e Imaxe. En galego sen filtro" para este curso. 

E non podemos pasar por alto o agradecemento á gran colaboración na procura de poemas para o CERTAME deste ano. Buscabamos  poemas en todas as linguas do mundo e o feito de ter que desbotar algúns para este ano por ter cubertas as necesidades implica que xa forman parte do noso arquivo para vindeiros anos.

Biblionovas Ferrolterra

Xa temos funcionando o blogue Biblionovas Ferrolterra dende a Endlg e dende a equipa da Biblioteca vos animos a participar, tanto lendo como aportando novas da vosa familia profesional, ou de calquer outra temática.