Novas

 

Probas de acceso a grao medio. Listaxes provisionais de inscrición e exencións. Convocatoria 2021

Publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e as listaxes de exención para as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.

Período de reclamación: do 12 ao 16 de abril, ambos os dous incluídos, no centro de inscrición.

Cursos de Formación para Desempregados que se van desenvolver no noso centro. Animádevos!!!

Dispoñibles prazas nos cursos de Formación para Desempregados que se van desenvolver no noso centro. Animádevos!!!

 

ELES0108 - Montaxe e mantemento de infraestruturas de telecomunicacións en edificios. Quedan dúas prazas. Presentarse no centro ate o 15/3/2021

 

 

Comeza a Olimpiada Cultural 2021

f  f 

O vindeiro luns, 1 de febreiro de 2020, comeza a 21ª edición da nosa tradicional OLIMPIADA CULTURAL, un concurso que organizamos na biblioteca do noso centro, no que durante todo o mes de febreiro haberá cada día preguntas, xogos de pistas e xogos de inxenio para os equipos, que compiten por conseguir os premios finais para os gañadores. Neste vídeo explicamos a estrutura e as regras do concurso.

Este ano faranse tódalas probas a través da aula virtual do centro.

Atrévete!

Pinchade aquí para inscribirvos.

 

Aquí podes ver as bases do concurso

Ya tenemos horario!!! Vuelven las clases de inglés gratuitas para tod@s!!!!

Como todos los años vuelven las clases de inglés gratuitas para tod@s:alumnos, profes, personal...Sonrisa

Ya tenemos horario!!! Las clases empiezan el martes 26 de enero y serán de 16:00 a 18:00 en el aula API-4.

Si hay algún despistad@ que no se apuntó previamente podeis ir igualmente ;)

Las clases están enfocadas sobre todo a conversación, y son para tod@s

Ánimo!! Esta vez podemos con el inglés!!

Curso de Plataformas Elevadoras 2020 / 2021

Está aberto o plazo de inscripción para o Curso de Plataformas Elevadoras. (8 horas)

Son duas sesións, unha de 4 horas cos riscos específicos que se realizará nunha plataforma virtual e outra de carácter práctico. Non están fixadas as datas, pero serán antes de Nadal. Os interesados deben apuntarse ata o día 8 de decembro de 2020. Non se admitirán inscripcións posteriores.

O coste será de 20€, que deberedes formalizar en Vicedirección ou Secretaría do 9 ao 11 de decembro de 2020. Deberedes estar inscritos para formalizar o pago.

O enlace para inscribirse no Curso de Plataformas Elevadoras é: https://forms.gle/skSLbkVmTbiWhjPW6

E obrigatoria a superación da parte teórica para facer a práctica. A parte práctica farase en grupos reducidos por quendas. Os grupos e días se coordinarán co relator a través da plataforma virtual.

Non hai límite de plazas e poden inscribirse alumnos de 1º, segundo, modular e AFD, profesores e persoal do centro.

Validacións

Están dispoñibles as validacións para recoller nas oficinas de Secretaría

Obradoiros emprendemento para os alumnos de 2º

O mércores 11 de novembro terá lugar no CIFP Ferrolterra o 1º Obradoiro de emprendemento deste curso 2020-21 dirixido a todos o nosos alumnos de 2º curso de ciclos formativos, de diurno e modular.

Estes obradoiros teñen como obxectivo impulsar e promover a iniciativa emprendedora entre o alumnado do centro.

O obradoiro será impartido por PromoveConsultoras.

Haberá  dúas sesións: unha de mañá as 10:45 e outra as 18:15 da tarde.

Este ano debido a situación que estamos a vivir pola Covid-19 realizaranse de xeito telemático, a través de

videoconferencia.

Esperamos a boa acollida destes obradoiros entre o alumnado e agradecemos a colaboración do profesorado para a súa realización.

SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL

 

ORIENTACIÓN LABORAL EN EL DEPARTAMENTO DE FOL

 

Contacto: mariaabad@edu.xunta.es

 

SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL

Prazas liberadas!!!!!

Ábrese o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas vacantes desde o día 21 ás 9:00 horas ata o día 2 de outubro ás 13:00 horas.

Para matricularse nun ciclo con prazas libres a única condición é cumprir os requisitos de acceso para as ensinanzas correspondentes.

As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o ciclo formativo teña prazas vacantes. A matrícula realizarase por orde de chegada.

Para solicitar a matrícula en ciclos do réxime ordinario con prazas liberadas empregarase o anexo I.

Para solicitar a matrícula en módulos do réxime para as persoas adultas con prazas liberadas empregarase o anexo II.

A matrícula en calquera ciclo con prazas vacantes implica a renuncia a continuar no proceso de admisión e polo tanto a participar nas seguintes adxudicacións de prazas.

Tedes toda a información en: http://www.edu.xunta.gal/fp/ciclos-liberados-convocatoria-2020-21

Información Medidas Protocolo Covid-19