Novas

 

Novos cursos AFD!!!

Xa te podes apuntar nos cursos AFD que se van impartir no CIFP Ferrolterra:

Mantemento e montaxe mecánica de equipo industrial. Especialidade: IMAQ0108. Nivel 2 (Formación cualificada completa). Modalidade: Presencial. Horario: 8:30- 14:30 (agás o PRL)

Se te interesa podes inscribirte directamente en: https://emprego.xunta.es/diplos/curso/?accion=2022/004846-01ou ben nas oficiñas do inem.
 
Montaxe e instalación de construcións de madeira. Especialidade: MAMB0210. Nivel 2 (Formación cualificada completa). Modalidade: Presencial. Horario: 16:00 a 22:00h.
 
Se te interesa podes inscribirte directamente en: https://emprego.xunta.es/diplos/curso/?accion=2022/004874-01
Soldadura con eléctrodo revestido e TIG. Especialidade: FMEC0110. Nivel 2 (Formación cualificada completa). Modalidade: Presencial.

Se te interesa podes inscribirte directamente en: https://emprego.xunta.es/diplos/curso/?accion=2022/004842-01

Se tes algunha dúbida envianos un email ao cifp.ferrolterra@edu.xunta.gal

 
As probas de selección de candidatos destes 3 cursos serán o 23/2 e comezarán o 27/2.
 
Haberá tamén 3 cursos AFDs de:
ELEM0210 – Xestión e supervisión da montaxe e o mantemento de sistemas de automatización industrial,
TMVG0109 - Operacións auxiliares de mantemento en electromecánica de vehículos
ENAE0111 - Operacións básicas na montaxe e no mantemento de instalacións de enerxías renovables
Mais información no cifp.ferrolterra@edu.xunta.gal

Probas de acceso a ciclos 2023

Prazos de inscrición:

 

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de inscrición estará abranguido entre os días 27 de febreiro e 10 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de inscrición estará abranguido entre os días 23 de xaneiro e 3 de febreiro de 2023, ambos os dous incluídos.

Orde do 5 de decembro de 2022

Máis información:

 

PREMIOS EDUEMPRENDE IDEA 2022.

Xa temos premiados no concurso “Eduemprende Idea”, e os proxectos presentados polo centro quedaron en moi boa posición.

Dentro dos 3 primeiros premios quedou “TERMO JUM”, dos alumnos Juan Camba e Maikel Prado, do CM de Instalacións de Telecomunicacións, cun magnífico premio de 1000€.

 

Na cuarta posición dos non premiados, o proxecto “Brétema”, de Margarita Etchevers, alumna do CM de Instalacións de Telecomunicacións de distancia, que cursou o ciclo no curso 2019/2020, xunto cunha compañeira do CIFP Ánxel Casal, Isabel Somoza.

 

Parabéns gañadores!!!

Xa se pode formalizar o curso de carretilleiro

Xa se pode formalizar o curso de carretilleiro ate mañá venres ás 12:00 am.

As sesións prácticas serán de dúas horas a escoller durante os días 3, 4, 5 e 6 de decembro.

Curso de Carretilleiro!! Por fin!!

Está aberto o plazo de inscripción para o Curso de Manexo de Carretillas. (8 horas)

Son duas sesións, unha de 4 horas cos riscos específicos que se realizará nunha plataforma virtual e outra de carácter práctico. 

Aínda non hai datas exactas pero será antes de Nadal.

Os interesados debedes apuntarvos ata o día 25 de Novembro de 2022. Apúntadevos porque non se admitirán inscripcións posteriores.

O coste será de 30€, que deberedes formalizar en Vicedirección ou Secretaría do 28 ao 30 de novembro de 2022. Deberedes estar inscritos para formalizar o pago.

O enlace para inscribirse no Curso de Manexo de Carretillas é: https://forms.gle/P5jW8GPKUUjM3VSz7

E obrigatoria a superación da parte teórica e a práctica. A parte práctica farase en grupos reducidos por quendas. Os grupos e días se coordinarán ao formalizar o pago.

Non hai límite de plazas e poden inscribirse alumnos de 1º, segundo, modular e AFD, profesores e persoal do centro.

Acreditación lingüística do alumnado en Lingua Estranxeira

O centro CIFP Ferroltera vai solicitar a participación neste programa cuxo obxectivo principal é a acreditación das competencias en lingua estranxeira do alumnado, nos niveis de competencia B1, B2 ou C1, descritos no Marco común europeo de referencia para as linguas (MCERL).

O alumnado interesado deberá entregar na secretaría do centro antes do 15 de setembro o compromiso de participación cuberto e asinado. Non se recolleran solicitudes por correo electrónico.

Pódese descargar o compromiso no seguinte link: Compromiso de participación

O texto completo da convocatoria: http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_acreditacion_linguistica_centros_publicos.pdf

Baremo procedemento de Selección CS Mecatrónica Industrial (Navantia)

CRITERIOS E PROCEDEMENTOS DE SELECCIÓN APROBADOS POR NAVANTIA. CURSO 2022 - 2023

BAREMO SOBRE 100 PUNTOS

·      Titulación. Baremará únicamente a de maior valor.

25

CGS afíns a Mecatrónica Industrial. Exemplo: Fabricación Mecánica, Electricidade e Electrónica, Automoción, Deseño de Fabricación Mecánica, etc.

20

Bacharelato

10

CGM afín a Mecatrónica Industrial

·     

Idioma.

10

Inglés B1. Acreditación Oficial do Nivel

·       

Curso Prevención Riscos Laboráis Básico (o superior)

10

50 horas

·       

Experiencia laboral

10

Experiencia acreditada no Sector Naval ou en actividades afines á Mecatrónica Industrial.

·       

Curriculum EUROPAS

5

Puntos máximo

·       

Test psicoprofesional. A proba realizarase de manera previa á baremación.

o  

A proba consistirá en:

20 preguntas de Debuxo Técnico

20 preguntas de Matemáticas

É requisito indispensable para ser baremado obter un mínimo de 15 puntos nesta proba.

40

Puntos máximo

 

#FPGalicia; #CIFPFerrolterra; #FPDualGalicia

Selección FP Dual CIFP Ferrolterra

Esta é a oferta de FP Dual nova para o curso 2022/2023:

  • CS Mecatrónica Industrial
  • CS Deseño de Fabricación Mecánica
  • CS Deseño e Amoblamento
  • CS Sistemas Electrotécnicos e Automatizados
  • CM Electromecánica de Maquinaria
  • CM Soldadura e Calderería
  • CM Redes e Estacións de Tratamento de Augas

 

O alumnado que figure nas listaxes definitivas de admisión de solicitudes para FPDual deberá presentarse aos procesos de selección das empresas segundo o calendario que se irá mostrando na web do centro. Unha vez seleccionado pola empresa o alumnado deberá formalizar a matrícula segundo o calendario de matrícula.

#FPGalicia;#CIFPFerrolterra;#FPDualGalicia