Novas

 

Oferta 2021-22 CIFP Ferrolterra

Oferta Dual 2021-22: 6 Novos ciclos duais!!!

O vindeiro curso teremos 6 novas duais que son:

  • CS DESEÑO FABRICACION MECÁNICA coas empresas Navantia Ferrol e a empresa CT INGENIEROS, 12 vacantes e 3 vacantes respectivamente.
  • CS ENERXÍAS RENOVABLES, 12 vacantes coa empresa CRC OBRAS Y SERVICIOS.
  • CS MECATRÓNICA INDUSTRIAL , 12 vacantes coas empresas INTASA, MECANIZADOS ACEBRÓN, GADISA, GAM ESPAÑA, GALMAN, TALLERES MECÁNICOS GALICIA, INDUSTRIAS MECÁNICAS BEDOYA HERMANOS, BIOMASA FORESTAL, DEMAQ GALICIA, THYSSENKRUP ELEVADORES.
  • CS MANTEMENTO ELECTRÓNICO , 12 vacantes coa empresa Electrónica y Comunicaciones del Noroeste.
  • CS PROGRAMACIÓN DA PRODUCIÓN MECÁNICA , 12 vacantes coas empresas INTAF PROMECAN, TALLERES METÁLICOS ACEBRON, SOLUCIONES METALÚRGICAS INTEGRALES, DEMAQ GALICIA Y TUMBADOIRO.
  • CM INSTALACIÓNS DE PRODUCIÓN DE CALOR, 12 vacantes coas empresas CLIMAGAL, TEUVENTO, AEROSOLAR TÉRMICA CORUÑA, AQUACEE INSTALACIÓNS, INCALFONT RENOVABLES.

Podedes ver uns videos de presentación e descargar os folle dalgúns destas duais nos seguintes enlaces:

 
 

Portas Abertas no CIFP Ferrolterra!!!

Do 31 de maio ao 3 de xuño Portas Abertas no CIFP Ferrolterra!!!

Estudantes, familias, interesados…achegadevos ao centro no horario de 10:00 a 13:00 ou de 17:00 a 20:00.

Estaremos encantados de ensinarvos as nosas instalacións e a oferta formativa do centro Sonrisa

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). Curso 2020-2021. Listaxe 1ª adxudicación ordinaria

Publicada a listaxe da 1ª adxudicación ordinaria para as probas libres para a obtención de títulos de FP (LOE).

Máis información

PREMIOS EXTRAORDINARIOS FP

Convocatoria de premios extraordinarios FP Superior:

Repartirase un premio por familia profesional. O premio consistirá en unha dotación económica de ata 850 euros.

Requisitos dos solicitantes:

-Ter cursados estudios de FP superior durante o curso 2019/2020 nalgún centro da Comunidade autónoma de Galicia (tanto en presencial como a distancia) e ter rematado os estudos no ano 2020.

-Ter obtido unha cualificación final do ciclo igual ou superior a 8,50.

Forma e presentación de solicitudes:Ata o 12 de Maio de 2021 a través de www.edu.xunta.gal/premiosedu/

Toda a información no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0598-250321-0001_gl.pdf 

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). Curso 2020-2021

Requisitos das persoas solicitantes

Cumprir os requisitos de acceso establecidos na Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación (basicamente, para ciclos medios, título de formación profesional básica, título da ESO ou proba de acceso; para ciclos superiores, ter título de técnico de formación profesional, título de bacharelato da LOE ou da LOXSE, ou proba de acceso), e ademais:

– Ter 18 anos, para optar aos títulos de técnico

– Ter 20 anos, para optar aos títulos de técnico superior, ou 19 anos no caso de posuír xa o título de técnico

Con carácter xeral, non estar matriculado/a en ciclos formativos de formación profesional nin ter causado baixa no correspondente curso académico.

Non estar en posesión dun título de formación profesional declarado equivalente ao correspondente título de formación profesional establecido ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, obxecto da proba.

Excepcionalmente, no caso de houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, as persoas matriculadas polo réxime de persoas adultas poderán matricularse para a realización das probas libres en módulos profesionais do mesmo ciclo formativo:

  • sempre que os teñan suspensos de cursos académicos anteriores e non se atopen matriculadas neles no curso académico de realización da proba.
  • ata un máximo de tres módulos profesionais do mesmo ciclo formativo, sempre e cando non estean matriculadas neles no mesmo curso de realización da proba.

Tamén poderán matricularse de xeito excepcional, no caso de houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, ás persoas que superasen o módulo de Formación en centros de traballo, e no caso dos ciclos de grao superior tamén o módulo de Proxecto, nos períodos extraordinarios establecidos no artigo 6.4 da Orde do 28 de febreiro de 2007, de setembro-decembro e de xaneiro-marzo, do mesmo curso escolar en que teña lugar a convocatoria de probas libres.

Coa finalidade de facilitar a formación permanente, a integración social e a inclusión de persoas e de grupos desfavorecidos no mercado de traballo, se houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, poderán acceder á realización das probas dos módulos profesionais asociados a unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais as persoas adultas que, sen cumpriren as condicións de acceso, teñan acreditada:

– Experiencia laboral equivalente ao traballo a tempo completo de dous anos nunha actividade laboral directamente relacionada co sector profesional do ciclo formativo correspondente.

Lugar de presentación de solicitudes

As solicitudes de inscrición para participar nas probas libres de formación profesional presentaranse na secretaría de calquera centro público en que se oferten probas libres para a obtención de títulos LOE, malia que non sexa o centro elixido en primeira opción.

A solicitude poderá realizarse mediante o asistente informático vía web. Logo de realizada, a aplicación informática xera un impreso de solicitude.

- No caso de solicitantes xa autenticados no contorno "edu.xunta.es" que non teñan que achegar documentación, o sistema xera un impreso xa validado, co texto de que non é necesario entregalo nun centro educativo para a súa validación. Deste xeito remataría a finalización da presentación da solicitude nas probas libres para a obtención de títulos de FP LOE. A copia impresa conservarase como resgardo da realización da solicitude.

- En calquera outro caso, o sistema xera un impreso de solicitude que terá que ser entregado para a súa validación en calquera centro educativo de Galicia con oferta de ciclos de formación profesional sostida con fondos públicos. Se este impreso non se entrega en prazo, a solicitude non terá carácter oficial e non se considerará realizada para os efectos da admisión.

Prazo de solicitudes de admisión

Unicamente poderá presentar a solicitude de admisión quen cumpra os requisitos de acceso no período da inscrición.

O prazo de presentación de solicitudes de admisión é o seguinte (período ordinario): do 19 ao 30 de abril de 2021 ata as 13:00 h.

 

Solicitudes de inscrición

 

<<<<< Mais Información prema aquí >>>>>>>