Preguntas e respostas en relación co desenvolvemento do terceiro trimestre nas ensinanzas de FP

En aplicación das medidas de contención no ámbito educativo e da formación previstas no Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma sanitaria ocasionada polo COVID-19, publicouse:

  • A Resolución do 23 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se adoptan medidas excepcionais no desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo durante o curso 2019-2020 para:
    • Flexibilizar a realización da FCT.
    • Establecer o procedemento de avaliación da FCT e Proxecto.
    • Organizar a da FP dual
  • As Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019-2020 e se adiantan aspectos para ter en conta na organización académica do curso 2020-2021.

Con este documento, ponse á disposición da comunidade educativa un conxunto de preguntas e respostas coa finalidade a aclarar as dúbidas que puidesen xurdir. Trátase dun documento aberto, que incorporará novas cuestións, de xurdiren novas dúbidas que requiran ser aclaradas.

Medidas excepcionais no desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo

 

Publicada a Resolución do 23 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa,

pola que se adoptan medidas excepcionais no desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo

e nas ensinanzas de réxime especial.

 

Suspensión temporal dos cursos AFD (actividades formativas para desempregados) ate novo aviso

As clases dos cursos para desempregados que se imparten no noso centro están suspendidas ate novo aviso por causa do COVID 19. Cando teñamos noticias das Consellerías de traballo e educación de como se van recuperar estas clases iremos notificandovolo.

Nos vos preocupedes que vos chamaremos por teléfono cando se reanuden as clases.

Mentres tanto quedádevos na casa e coidadevos :)

Tamén indicarvos que no DOG nº 74 de 17/04/2020 dice que: ...."Non será necesario renovar a demanda de emprego ata o 30 de xuño de 2020."

INFORMACIÓN PARA O NOSO ALUMNADO

Os profesores que xa viñan usando a aula virtual seguen a mandar contidos dende esta,

outros moitos profesores están crear novos grupos e mandarvos información

ao correo electrónico que  facilitaches na matricula do centro ou os vosos profesores.

Tamén estase a utilizar ferramentas de teleconferencia como (skype, Webex, Google Hangouts,

Jitsi, Zoom etc. )

Estade atentos a ese correo para poder seguir recibindo novas de clases, tarefas e contidos.

Aqueles que non facilitaches un correo poñédevos en contacto con algún compañeiro

e dádelle un correo electrónico voso  para que o poida enviar os profesores.

Probas de acceso a grao medio. Listaxes provisionais de inscrición e exencións. Convocatoria 2020

Publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e as listaxes de exención para as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.

Reclamacións contra a listaxe provisional. Mentres dure a situación derivada da pandemia por Covid-19, será posible presentar

a reclamación a esta listaxe a través do correo electrónico probas.ciclos@edu.xunta.gal, con independencia de que con posterioridade se estableza

o período de reclamación presencial nos centros de inscrición.

Será imprescindible facer referencia ao número de código de solicitude que figura debaixo do código de barras do resgardo da solicitude

de probas de acceso de grao medio. Poderá xuntarse, en formato electrónico, canta documentación complementaria se considere necesaria.

Quen presente reclamación por esta vía non precisará realizar ningún trámite posterior no centro de inscrición no prazo que se abra a tal efecto.

As persoas que solicitaron adaptación da proba, e facilitaron un correo electrónico válido na solicitude, recibiran unha comunicación individual da resolución

de proba adaptada desde o correo probas.ciclos@edu.xunta.gal nos próximos días. No caso de non recibir a devandita comunicación poderán solicitala

no teléfono 881 99 74 08. Para este fin deberán ter a man o resgardo de solicitude xa que lle pode ser requirida información da mesma,

incluíndo o código de solicitude que figura debaixo do código de barras.

Probas de acceso grao superior. Sedes e listaxe definitiva solicitudes e exencións. Convocatoria 2020 !! NOVAS Aprazamento da celebración da proba !!

Publicadas a listaxe definitiva de solicitudes e a resolución definitiva de exencións para as probas de acceso a ciclos formativos de grao superior na convocatoria ordinaria 2020.

Publicada a asignación de centros e sedes para a realización da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior na convocatoria ordinaria 2020.

Máis información sobre a convocatoria

 

!!! Novas !!!  Aprazamento da celebración da proba. Convocatoria 2020

Debido á situación provocada pola pandemia causada polo Covid-19 resulta necesario aprazar a realización da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional prevista para o día 23 de abril.

Proximamente, en función da evolución da pandemia, publicarase un novo calendario de probas de acceso.

 

 

ACTIVIDADES LECTIVAS SUSPENDIDAS, ENTREGA DE CALIFICACIÓNS 2ª AVALIACIÓN:

Lembramos que debido ao COVID-19 suspéndeuse todo tipo de actividade lectiva 

 

Seguiremos informando nesta web das novidades que vaian xurdindo.

 

Para calquera dúbida teñen a súa disposición o correo electrónico do centro: 

 

cifp.ferrolterra@edu.xunta.es

 

!!!! As notas da segunda avaliación, publicaranse 

 

venres o día 3, a partires das 12:00 na plataforma ABALAR !!!

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas por unidade de competencia. Retrasada a data de publicación.

 ¡¡¡¡¡    Retrasada a data de publicación. !!!!!!

 

Data de publicación: ...............

  - Ligazón ás listaxes (Desactivado)
 
Prazo para realizar reclamacións: do .. ao .. de marzo de 2020, ámbos os dous incluídos.

Procedemento para presentar a reclamación: Débese xerar unha reclamación nesta mesma páxina, no menú <<Xestión de emendas e de reclamacións>> – e posteriormente remitila á sede onde se xestiona a súa solicitude. Para o caso de enviarse por correo, o envío da reclamación, deberá ser certificado, co selo de correos no encabezamento da primeira folla do formulario para reflectir a data de entrada. Poderase tamén presentar por sede electrónica. As reclamacións rexistradas na aplicación non terán a consideración de entregadas ata non ser presentadas.

Pode consultar a súa situación tamén accedendo ao seu expediente.

 

As listaxes definitivas publicaránse a partir do 25 de marzo de 2020. Prevese tamén un retraso nesta publicación.

 

<<< Paxina Oficial >>>

Clasificación definitiva da Olimpiada Cultural 2020


Publicamos a clasificación definitiva dos equipos participantes nesta vixésima edición da nosa Olimpiada Cultural.

Empregáronse os comodíns para recuperar puntos perdidos, segundo as normas establecidas nas bases do concurso. Os comodíns restantes foron sumados á puntuación obtida ao longo do concurso, a razón de un punto por cada dous comodíns. A puntuación que se amosa na táboa é a puntuación total. Concedemos diploma olímpico a todos os equipos que participaron ata a derradeira semana

Categoría Genius Puntuación  
Electro 2 43,5 Medalla de ouro
Asturies 42 Medalla de prata
Bomba Latina 41 Medalla de bronce
PQC 39,5 Diploma olímpico
Rubielu 37 Diploma olímpico
Autos locos 36,5 Diploma olímpico
No son horas 36 Diploma olímpico
Basilio 35 Diploma olímpico
VSA 34,5 Diploma olímpico
DPITF 34,5 Diploma olímpico
Átomos 34 Diploma olímpico
Los Astillitas 34 Diploma olímpico
Carpinteiros SL 33 Diploma olímpico
Los Peligrosos 29 Diploma olímpico
Culturetas 27 Diploma olímpico
LDR 27 Diploma olímpico
Los Koajines 2.0 27 Diploma olímpico
Momo 22 Diploma olímpico
Sporting Cacerolas 22 Diploma olímpico
Las Spyros! 21 Diploma olímpico
Los Telecomunicadores 21 Diploma olímpico
Las reinas del brillo 20 Diploma olímpico
Todo pa nos! 20 Diploma olímpico
Los Juanitos 19 Diploma olímpico
Perreando por fuera, llorando por dentro 18,5  
Las Locúdicas 18 Diploma olímpico
Compiñas 17 Diploma olímpico
Oookey 17 Diploma olímpico
Os Peixes 16 Diploma olímpico
Amigos de Roberto 15 Diploma olímpico
Categoría Junior Puntuación  
El Parcero 12 Medalla de ouro

 

Noraboa a tódolos equipos, e especialmente aos gañadores. Estamos moi satisfeitos co voso comportamento ao longo do concurso.

A cerimonia de entrega de premios será o vindeiro mércores 18/02/2020 no salón de actos ás 10:30 para os equipos de mañá, e ás 18:00 para os equipos da tarde.

Temos un pequeno agasallo para todos os equipos con diploma olímpico que asistades á cerimonia


 

I Concurso de Ideas Emprendedoras CIFP Ferrolterra: "A túa idea nun minuto"


 

A TÚA IDEA NUN MINUTO

  • Se tes unha idea de negocio,  o CIFP Ferrolterra convoca o  I Concurso de ideas emprendedoras.

- E o momento de que a des a coñecer. Ademáis, a túa idea pode ter premio €€€€€

- Pode participar todo o alumnado do centro (matriculados no curso académico 19_20) de 1º e 2º curso, individualmente ou en equipos de 3 ou 4 participantes

- O prazo de presentación de ideas é do 2 ao 15 marzo. Para  incribirte no Concurso enche o formulario que aparece no enlace

                  https://forms.gle/XPfNtSWBuUxvCLXT8

ou a través do QR que aparecen no cartel do concurso que encontraredes colgado polo centro. 

- Se precisas asesoramento ou seguimento para a túa idea a Coordinación de emprendemento e o profesorado do Departamento de FOL están ao teu dispor.  (Axudámosche a que expoñas a túa idea.)

- Terás  1 minuto de tempo para facer a presentación da túa idea do xeito que ti desexes e coa ferramenta que ti escollas (Imaxe corporativa, video, prezzi, xogo, cartel, prototipo,…) recorda que a presentación é o que vai ver o xurado.

- O acto de presentación das ideas terá lugar o día 18 de marzo ás 13:00hs.

- O xurado estará composto por  profesorado e  alumnado das familias profesionais do centro. Ademáis  o alumnado asistente votará directamente, no acto de presentación das ideas,  aquelas 3 que consideren as mellores.

- As 6 mellores ideas serán votadas dacordo ao seguinte criterio: 50% votación do xurado e 50% votación do alumnado presente. No caso de empate prevalecerá a puntuación do xurado.

- As mellores ideas terán premio en metálico máis unha  visita guiada a empresas do sector,  para que coñezades aos emprendedor@s da comarca de Ferrolterra.

    •  1º premio:  250 €
    •  2º premio:  150 €
    •  3º premio:  Catro premios de 50 €

- Aquí tedes a táboa para a valoración das ideas que se presenten e que o xurado utilizará para valorar as vosas ideas (TÉDEO EN CONTA!!!!!):

           

- ANIMADEVOS A PARTICIPAR, ESPERAMOS AS VOSAS IDEAS

- AS MELLORES IDEAS TEÑEN PREMIO!!!!!!!