Publicada a Resolución do 24 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se adoptan medidas para o desenvolvemento das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de Formación Profesional do sistema educativo.
A resolución establece novas datas para a celebración das probas de acceso de grao medio e de grao superior.
Resumo das datas de celebracion das probas
CICLOS DE GRAO MEDIO
As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 10 de xuño de 2020.
As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición. As probas desenvolveranse no horario que se indica deseguido:
- Ás 9.00 horas: presentación.
- Das 9.30 ás 13.00 horas: parte matemática e parte sociolingüística.
- Das 16.00 ás 18.00 horas: parte científico-técnica
CICLOS ACCESO DE GRAO SUPERIOR
As probas de acceso aos ciclos de grao superior terán lugar o día 11 de xuño de 2020.
As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición. As probas desenvolveranse no horario que se indica deseguido:
-Ás 9.00 horas: presentación.
-Das 9.30 ás 13.00 horas: parte común da proba (Matemáticas, Lingua Galega e Lingua Castelá).
-Das 16.00 ás 18.30 horas: parte específica da proba (materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo a que se desexe acceder, segundo o anexo VII da orde da convocatoria).