Todos os alumnos deberán recoller en Conserxería o Sobre de Matrícula
ALUMNOS DE NOVO INGRESO (RÉXIME ORDINARIO E MODULAR)
- Fotocopia DNI
- Certificación académica do centro de procedencia ou fotocopia do libro de escolaridade onde figure a titulación esixida
- Alumnos procedentes de proba de acceso presentarán fotocopia do certificado da proba de aptitude da proba
- 3 Fotos tamaño carnet (unha delas pegada na tarxeta escolar)
- Resgardo de ter pagado o seguro escolar (Conta Novagalicia Banco: ES40-2080-0200-4730-4010-2848). Importe 1,12€. Concepto: Seguro Escolar
- Os maiores de 28 anos non pagan seguro escolar
ALUMNOS QUE XA CURSABAN CICLOS FORMATIVOS NO CENTRO (Matrícula nova noutro ciclo)
- Fotocopia DNI
- 1 Foto tamaño carnet
- Resgardo de ter pagado o seguro escolar (Conta Novagalicia Banco: ES40-2080-0200-4730-4010-2848). Importe 1,12€. Concepto: Seguro Escolar. Os maiores de 28 anos non pagan seguro escolar
- Tarxeta Escolar do ano anterior
- Os alumnos procedentes de bacharelato ou doutro ciclo formativo deberán presentar copia de ter feita a solicitude do título.
ALUMNOS QUE REPITEN CICLO FORMATIVO (e alumnos de 2º e adultos que estiveron matriculados o curso anterior)
- 1 Foto tamaño carnet
- Resgardo de ter pagado o seguro escolar (Conta Novagalicia Banco: ES40-2080-0200-4730-4010-2848). Importe 1,12€. Concepto: Seguro Escolar. Os maiores de 28 anos non pagan seguro escolar
- Tarxeta Escolar do ano anterior
NOTA: Todas as fotocopias deberán acompañarse de orixinais para ser compulsadas. As fotografías deben levar o nome a apelidos no dorso. A documentación xa entregadas durante a reserva de prazas no é necesario achegala de novo.
Cando a persoa que formaliza a matrícula non sexa o interesd@, deberá presentar unha autorización escrita onde figure que se autoriza a esa persoa a entregar a matrícula, o nome e DNI da persoa que se vai matricular e o nome e DNI da persoa autorizada para presentar a documentación