PD - Sistemas Electrotécnicos e Automatizados
Que se aprende a facer? |
A competencia xeral deste título consiste en desenvolver proxectos e en xestionar e supervisar a montaxe e o mantemento de instalacións electrotécnicas no ámbito do regulamento electrotécnico para baixa tensión (REBT). Tamén consiste en supervisar o mantemento de instalacións de infraestruturas comúns de telecomunicacións, a partir da documentación técnica, especificacións, normativa e procedementos establecidos, asegurando o funcionamento, a calidade, a seguridade, e a conservación ambiental. | |||
En que ámbitos se traballa? |
Este profesional exerce a súa actividad de en empresas, maioritariamente privadas, dedicadas ao desenvolvemento de proxectos, á xestión e á supervisión da montaxe e do mantemento de instalacións eléctricas no ámbito de edificios e confins especiais, á instalación de sistemas do móticos e inmóticos, a infraestruturas de telecomunicación en edificios, a redes eléctricas de baixa e a sistemas automatizados, tanto por conta propia como por conta allea. |
|||
Que ocupacións se desempeñan? |
Técnico/a en proxectos electrotécnicos; proxectista electrotécnico/a; proxectista de instalacións de electrificación en baixa tensión para vivendas e edificios; proxectista de instalacións de electrificación en baixa tensión para locais especiais; proxectista de instalacións de iluminación exterior; proxectista de liñas eléctricas de distribución de enerxía eléctrica en media tensión e centros de transformación; proxectista en instalacións de antenas e de telefonía para vivendas e edificios; coordinador/ora técnico/a de instalacións electrotécnicas de baixa tensión para os edificios; técnico/a de supervisión, verificación e control de equipamentos e instalacións electrotécnicas e automatizadas; técnico/a supervisor/ora de instalacións de iluminación exterior; capataz de obras en instalacións electrotécnicas; xefe/a de equipo de instalación de baixa tensión para edificios; coordinador técnico de red es eléctricas de baixa tensión e iluminación exterior; técnico/a en supervisión, verificación e control de equipamentos en redes eléctricas de distribución en baixa tensión e iluminación exterior; capataz de obras en redes eléctricas de distribución en baixa tensión e iluminación exterior; en cargado/a de obras en redes eléctricas de distribución en baixa tensión e iluminación exterior; xefe/a de equipo de instalación en red es eléctricas de distribución en bai xa tensión e iluminación exterior; xestor/ora do mantemento de instalacións eléctricas de distribución e iluminación exterior. | |||
Cales son os módulos deste ciclo? |
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten. |
|||
Curso | Código | Módulos profesionais | Horas | |
1º | MP0527 | Formación e orientación laboral | 107 | |
1º | MP0517 | Procesos en instalacións de infraestruturas comúns de telecomunicacións | 187 | |
1º | MP0520 | Sistemas e circuítos eléctricos | 213 | |
1º | MP0521 | Técnicas e procesos en instalacións domóticas e automáticas | 213 | |
1º | MP0518 | Técnicas e procesos en instalacións eléctricas | 240 | |
2º | MP0523 | Configuración de instalacións domóticas e automáticas | 140 | |
2º | MP0524 | Configuración de instalacións eléctricas | 140 | |
2º | MP0522 | Desenvolvemento de redes eléctricas e centros de transformación | 122 | |
2º | MP0519 | Documentación técnica en instalacións eléctricas | 105 | |
2º | MP0528 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | |
2º | MP0529 | Formación en centros de traballo | 384 | |
2º | MP0526 | Proxecto de sistemas electrotécnicos e automatizados | 26 | |
2º | MP0602 | Xestión da montaxe e do mantemento de instalacións eléctricas | 70 |