DESPEGANDO ETIQUETAS - 30/11/2023 Na Biblioteca
Á nosa mente encántalle clasificar; é unha crack etiquetando toda clase de situacións, momentos, persoas...Catalogamos o mundo que nos rodea para ter a percepción de certo orden e estabilidade.
Estamos rodeados de etiquetas postas por outras persoas ou incluso, por nós mesmos. Pero estas etiquetas non nos representan. Moitas delas, son como un post-it e son temporais, pero tamén existen outras que son unha tatuaxe, cronifícanse e van deixando marca na nosa personalidade.
E hora de ir despegándo estas etiquetas, para que o efecto Pigmalión, non as convirta nunha tatuaxe permanente.
A charla será o vindeiro días 30 deste mes de novembro na Biblioteca do CIFP Coroso, ás 09:30 horas da mañan. Agradamos a vosa presencia !!!
Igualdade
Actividades
2 de Maio - O CIP Coroso contra o acoso
Os insultos non son unha broma. Non os consintas. Denuncia o acoso no buzón da entrada ou na caixa de suxestións que atoparás nesta web.
8 de Marzo - Día Internacional da Muller
Ex-alumnas de Coroso co seu soño cumprido. Non te perdas as súas historias no enlace ao vídeo que atoparás a continuación, ou capturando o código QR do cartel.
11 de Febreiro - Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
Dende o CIFP Coroso procuramos que as nenas e as mulleres poidan desenvolver a profesión que lles guste, por iso animámosvos a que teñades en conta os nosos ciclos como unha saída profesional á vosa medida. Infórmate no noso centro!
Ver máis información na web do CIFP Coroso.
Cartel Día Internacional da Muller
Con motivo da celebración o vindeiro 8 de marzo do Día Internacional da Muller, o equipo de Normalización da Lingua Galega, a Bilioteca do CIFP Coroso e o Departamento de Información e Orientación Profesional, convocan un concurso de carteis.
Clique para ver o documento cas bases do concurso.
Podense ver os carteis finalistas neste documento pdf, e o gañador na imaxe correspondente.
Outras actuacións
Nome da actuación | Persoas destinatarias | Persoas responsables |
Visionado de película e traballo sobre ela. | Alumnado de 1º e 2º de F.P.B. | Xefa do Dep. de Orientación e titores/as de cada grupo. |
OBXECTIVOS:
Despois do visionado da película e comprensión da situación da persoa protagonista, charla sobre a mesma.
Nome da actuación | Persoas destinatarias | Persoas responsables |
Obradoiros de Igualdade "En pé de Igualdade" | Alumnado de 1º e 2º de F.P.B. | Ramón Molina. Arelar Xestión Socioeducativa, S.L. |
OBXECTIVOS:
- Facilitar unha axeitada comprensión das relacións de xénero existentes na nosa sociedade patriarcal.
- Promover unha visíón crítica ante o androcentrismo dominante.
- Promover unha visíón crítica ante o androcentrismo dominante.
- Identificar modelos de actuación que promovan a igualdade entre mulleres e homes.
- Visibilizar novas masculinidades alonxadas do estereotipo dominante.
- Promover a educación como un instrumento necesario para o camiño cara a igualdade efectiva entre mulleres e homes.
Desenvolverase os días 28 e 30 de outubro con 1º FPB e o día 25 de novembro con 2º FPB.
Nome da actuación | Persoas destinatarias | Persoas responsables |
Obradoiros de Igualdade "Na mesma profesión, a mesma valía". | Ciclos formativos de Grao medio e Superior de Réxime Ordinario e Dual. | Raquel Pedrouso Carreira. Evolutia Consulting. |
OBXECTIVOS:
- Identificar os estereotipos de xénero.
- Favorecer a empatía e a asertividade como factor protector ante as discriminacións de xénero.
- Identificar as emocións e aprender a controlalas.
- Visibilizar novas masculinidades alonxadas do estereotipo dominante.
- Promover a educación como un instrumento necesario para o camiño cara a igualdade efectiva entre mulleres e homes.
Alumnado de Ciclos Medios nas seguintes datas: 16, 17, 18, 21, 23, 25 e 28 de outubro do 2019, e 4 de novembro do 2019 en horario de mañá, de 9:30 a 11:30 e de 12:00 a 14:00.
Alumnado de Ciclos Superiores nas seguintes datas: 12 e 19 de novembro do 2019, e 21 de xaneiro do 2020.
25N - O CIFP COROSO DI NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO
Dende o CIFP Coroso queremos conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. 25 de novembro. Implicando ao alumnado de FPB na creación de cancelos para revindicar a tolerancia, respecto e visibilizar a loita contra a violencia. de xénero.
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA - 11 FEBREIRO
Con motivo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, 11 de febreiro, no CIFP Coroso queremos celebrar unhas xornadas de ciencia.
Nestas xornadas, a realizarse durante os días 9 e 10 de febreiro, o noso alumnado poderá asistir a demostracións, ensaios e experimentos, e onde participará alumnado e profesorado de cada unha das familias profesionais que se imparten no centro.
Ver cartel co programa completo.
XORNADAS DA CIENCIA NO CIFP COROSO, OS DÍAS 9 E 10 DE FEBREIRO
- Exposicións
- Demostracións prácticas
- Ensaios
PROGRAMACIÓN
Día 9 de FEBREIRO, na Biblioteca.
De 10:30 a 13:00 - José Crecente e alumnado de 2º de CM de Industrias Alimentarias.
- Esferificamos? Como facer esferas de sabores.
- Esta lata ten moito perigo! Control de defectos en recubrimentos de latas de conserva.
De 11:30 a 12:00 – Beatriz Martínez, Industrias Alimentarias.
- O mundo minúsculo. Observando a través dun microscopio.
De 13:00 a 14:00 - Beatriz Martínez, Industrias Alimentarias.
- As cores dos caramelos. Separación por cromatografia dos colorantes dos caramelos.
Día 10 de FEBREIRO, na Biblioteca.
De 12:00 a 14:00 – Cecilia Veiga e alumnado de 2º de FPB de Industrias Alimentarias.
- Como se fai a fariña sen glute?
- Coidado co vinagre!
- Esto leva amidón?
De 12:00 a 13:00 – Alumnado CM Carrocería. Transporte e Mantemento de Vehículos.
- Arte na automoción. Técnicas e materiais para carrocería.
- Pintado por inmersión, Pintura termocalórica, Pintura efecto Camaleón.
De 12:00 a 13:00 – Alumnado de 1º FPB de Embarcacións Deportivas e de Recreo.
- A maxia da tensigridade. Mesa flotante.
De 12:00 a 13:00 - Alumnado de 1º de CS Automatización e Robótica Industrial.
- Únete á comunidade robot!
- A ver si saes desta, Escornabot!.
- Micro:bit. Un microprocesador con MACROFUNCIÓNS.
De 12:00 a 13:00 – Electricidade e Electrónica. Instalacións e Mantemento.
- Plastilina conductiva. Experimentamos?
- Abre as fiestras! Detector de CO2.
- Botamos unha carreira? As correntes de Foucault.
…e no taller de Climatización… Un forno solar... Cociñamos co sol !
8M - DIA INTERNACIONAL DA MULLER
Un ano máis, no CIFP Coroso dicimos Parabéns a todas as mulleres! Celebramos o 8M, Día Internacional da Muller, baixo o lema “Disque meigas e tolas….somos mulleres”.
Coa colaboración do noso alumnado elaboráronse carteis que presentan a mulleres que destacaron polas súas aportacións nos campos científicos correspondentes ás distintas familias profesionais. Quen visite a biblioteca poderá disfrutar e aprender cos traballos realizados.
IDENTIDADE - CONVERSAS CON NEE BARROS
O vindeiro 30 de marzo contamos coa presenza de Nee Barros, autor da obra de teatro Identidade.
No encontro conversaremos sobre a sua obra, a súa experiencia vital e persoal e a normalidade do que non é común. O encontro, realizado co patrocinio da Editorial Galaxia, celebrarase na Biblioteca do CIFP Coroso, entre as 12:00 e as 14:00 horas.
TECENDO REDES CON ARMANDO ROSAL REY
O pasado día 15 deste mes de novembro, en horario de 09:30 a 11:30 da mañan, tivo lugar na Biblioteca do CIFP Coroso unha nova actividade; Tecendo Redes, a cal trouxo como persoa invitada, a Armando Rosal Rey.
Armando nos falou da laboura levada a cabo por Salvamento Marítimo, onde él traballa.
Posteriormente, houbo unha proxección dunha curta ("CUERDAS"). Trátase da 2ª curtametraxe de Pedro Solís García e foi gañadora do Goya® 2014 na categoría de "Mellor curtametraxe de animación española", e Armando nos ensinou a facer pulseiras e chaveiros feitos con cordas e nudos mariñeiros.
Á nosa mente encántalle clasificar; é unha crack etiquetando toda clase de situacións, momentos, persoas...Catalogamos o mundo que nos rodea para ter a percepción de certo orden e estabilidade.
Estamos rodeados de etiquetas postas por outras persoas ou incluso, por nós mesmos. Pero estas etiquetas non nos representan. Moitas delas, son como un post-it e son temporais, pero tamén existen outras que son unha tatuaxe, cronifícanse e van deixando marca na nosa personalidade.
E hora de ir despegándo estas etiquetas, para que o efecto Pigmalión, non as convirta nunha tatuaxe permanente.
A charla será o vindeiro días 30 deste mes de novembro na Biblioteca do CIFP Coroso, ás 09:30 horas da mañan. Agradamos a vosa presencia !!!
CELEBRAMOS O 8M - DIA DA MULLER TRABALLADORA
Celebramos o 8 de marzo, Día internacional da Muller traballadora, e este ano no centro quixemos visibilizar a mulleres creativas, científicas, inventoras.. e montamos unha exposición co legado desas mulleres. Dita exposición atópase repartida entre os dous edificios do centro.
DIA MUNDIAL CONTRA O ACOSO E CIBER ACOSO ESCOLAR
Con motivo do Día 2 de Maio " Día Mundial contra o acoso e ciberacoso escolar" celebramos con 1º FPB e alumnado de 1º ESO do IES N.1 un obradoiro para previr e detectar o acoso nos centros.
Contamos coa testemuña de 2 persoas que contaron a súa experiencia e como lles afectou na súa vida. E tamén se ofreceron ferramentas e recursos para a comunidade educativa.
Recursos
GUÍAS DA BIBLIOTECA DE OUTONO 2020 E PRIMAVERA DO 2021
Ligazón a Guías e Recomendacións que propoñemos dende a Biblioteca do CIFP Coroso.
Prema nos textos para acceder ós recursos.
Guía de recomendacións Primavera - Verán 2021.
Guía de recomendacións Outono - Inverno 2020.
XOGO DO VOCABULARIO DE IGUALDADE
Presentamos o xogo do Vocabulario da Igualdade para que poidades botar uns momentos de diversion facendo uso desta ferramenta didáctica.
GUÍA DA LINGUAXE INCLUSIVA
Deixámosvos aquí (en formato .pdf descargable), a guía de linguaxe inclusiva no ámbito administrativo desenvolta polo Concello de Ribeira, para a súa divulgación.
O XOGO DA F.P. BÁSICA
Xogo adaptado ao nivel de FP Básica/4o da ESO, aínda que acepta xogadores de calquera idade, que teñan, iso si, un mínimo de coñecementos sobre o tema que se trata, en especial no caso das preguntas relacionadas coas especialidades da FP. Inclúense en todas as categorías preguntas que poñen en valor o papel da muller ó longo da historia.
BIBLIOTECA: CONSULTA AS RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS E PELÍCULAS
Ligazón a Guías e Recomendacións que propoñemos dende a Biblioteca do CIFP Coroso.
A nosa última recomendación para este outono-inverno é esta (Guía en formato .pdf).
Igualdade de Oportunidades
Prepárate e fórmate para o teu futuro laboral e profesional estudiando na F.P. en igualde de oportunidades. Consulta estes trípticos informativos os cales se poden imprimir, e nos que se poden consultar os rexímenes e modalidades das diferentes familias profesionais ofertadas no CIFP Coroso, así como as características máis destacables destas familias e a súa aplicación na vida laboral.
- Clica nas imaxes para descargar os arquivos en formato pdf.
A igualdade de xénero nas ensinanzas de FP do CIFP Coroso é unha realidade. Este video está subido ao canal de Youtube do centro e máis tamén ás redes sociais.
Xunta de Galicia. Vicepresidencia. Secretaría xeral para a igualdade.
Gobierno de España. Ministerio de la Presidencia. Instituto de la mujer.
Gobierno de España. Instituto de la mujer. Guías para el uso no sexista del lenguaje.