Mensaxe de erro

Notice: Undefined offset: 1 en counter_get_browser() (liña 70 de /srv/www/drupal7/sites/all/modules/counter/counter.lib.inc).

IDENTIDADE - CONVERSAS CON NEE BARROS

O vindeiro 30 de marzo contamos coa presenza de Nee Barros, autor da obra de teatro Identidade.

Conversas con Nee Barros

No encontro conversaremos sobre a sua obra, a súa experiencia vital e persoal e a normalidade do que non é común. O encontro, realizado co patrocinio da Editorial Galaxia, celebrarase na Biblioteca do CIFP Coroso, entre as 12:00 e as 14:00 horas.

HORARIO DE APERTURA BIBLIOTECA:
CIFP COROSO (Luns a Venres)
Mañá: 8:30-15:00h.
Tarde: 16:30-21:00h
HORARIO DE PRÉSTAMO E DEVOLUCIÓNS DE BIBLIOTECA
CIFP COROSO
Luns: 16:30 a 20:00
Martes: 13:00 a 14:00
Mércores: 9:30 a 10:30
Xoves: 9:30 a 10:30 e de 19:00 a 20:00
Guia de Usuarios da Biblioteca
GUÍA DE USUARIOS / AS:
Prema na imaxe para atopar informacións relativas a:
- Servizos ofrecidos pola biblioteca.
- Como localizar un libro na bilioteca.
- Como consultar o catálogo da biblioteca on-line.
- Normas de funcionamiento e préstamo.
 
BUSCA NA BIBLIOTECA:
Prema na imaxe para entrar no catálogo da bilioteca.
 

 

HORARIO DE APERTURA BIBLIOTECA

CIFP COROSO (Luns a Venres)

Mañá: 8:30 a 15:00 h.

Tarde: 16:30 a 21:00 h

HORARIO DE PRÉSTAMO DE BIBLIOTECA

CIFP COROSO

Luns: 16:30 a 20:00

Martes: 13:00 a 14:00

Mércores: 9:30 a 10:30

Xoves: 9:30 a 10:30 e de 19:00 a 20:00

Guía Outoño- Inverno 2017 - 18

Guía de recomendacións

Outono- Inverno 2017_18.

Preme na imaxe.

   

Guía de recomendacións

Primavera-verán 2017_18.

Guía de recomendacións para o día da paz 2019

No seguinte enlace atoparedes a guía de recomendacións do equipo de biblioteca  para o día da paz.

Guía de recomendacións para o día da paz 2019.

Páxinas

O vindeiro 30 de marzo contamos coa presenza de Nee Barros, autor da obra de teatro Identidade.

Conversas con Nee Barros

No encontro conversaremos sobre a sua obra, a súa experiencia vital e persoal e a normalidade do que non é común. O encontro, realizado co patrocinio da Editorial Galaxia, celebrarase na Biblioteca do CIFP Coroso, entre as 12:00 e as 14:00 horas.

8M - DIA INTERNACIONAL DA MULLER

Un ano máis, no CIFP Coroso dicimos Parabéns a todas as mulleres! Celebramos o 8M, Día Internacional da Muller, baixo o lema “Disque meigas e tolas….somos mulleres”.

Dia Internacional da Muller  - 8M

Coa colaboración do noso alumnado elaboráronse carteis que presentan a mulleres que destacaron polas súas aportacións nos campos científicos correspondentes ás distintas familias profesionais. Quen visite a biblioteca poderá disfrutar e aprender cos traballos realizados.

ENCONTROS LITERARIOS NO CIFP COROSO

A escritora galega Fina Casalderrey tivo un encontro literario co noso alumnado de FPB , Para transmitirlle a súa pasión pola escritura, a lectura e a creación de contidos en lingua galega.

Fina Casalderrey no CIFP Coroso

ENCONTROS LITERARIOS 2023

O mércores 15 de febreiro contaremos coa presenza da escritora Fina Casalderrey. Un encontro literario no que o alumnado de FPB poderá aprender moito dunha recoñecida escritora, guionista e gran defensora da lingua galega.

Encontros literarios 2023

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA - 11 FEBREIRO

Con motivo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, 11 de febreiro, no CIFP Coroso queremos celebrar unhas xornadas de ciencia.

Xornadas Muller e Nena na Ciencia 2023

Nestas xornadas, a realizarse durante os días 9  e 10 de febreiro, o noso alumnado poderá asistir a demostracións, ensaios e experimentos, e onde participará alumnado e profesorado de cada unha das familias profesionais que se imparten no centro.

Ver programa completo

Ver cartel co programa completo.

XORNADAS DA CIENCIA NO CIFP COROSO, OS DÍAS 9 E 10 DE FEBREIRO

  • Exposicións
  • Demostracións prácticas
  • Ensaios

PROGRAMACIÓN

Día 9 de FEBREIRO, na Biblioteca.

De 10:30 a 13:00 - José Crecente e alumnado de 2º de CM de Industrias Alimentarias.

  • Esferificamos? Como facer esferas de sabores.
  • Esta lata ten moito perigo! Control de defectos en recubrimentos de latas de conserva.

De 11:30 a 12:00 – Beatriz Martínez, Industrias Alimentarias.

  • O mundo minúsculo. Observando a través dun microscopio.

De 13:00 a 14:00 - Beatriz Martínez, Industrias Alimentarias.

  • As cores dos caramelos. Separación por cromatografia dos colorantes dos caramelos.

Día 10 de FEBREIRO, na Biblioteca.

De 12:00 a 14:00 – Cecilia Veiga e alumnado de 2º de FPB de Industrias Alimentarias.

  • Como se fai a fariña sen glute?
  • Coidado co vinagre!
  • Esto leva amidón?

De 12:00 a 13:00 – Alumnado CM Carrocería. Transporte e Mantemento de Vehículos.

  • Arte na automoción. Técnicas e materiais para carrocería.
  • Pintado por inmersión, Pintura termocalórica, Pintura efecto Camaleón.

De 12:00 a 13:00 – Alumnado de 1º FPB de Embarcacións Deportivas e de Recreo.

  • A maxia da tensigridade. Mesa flotante.

De 12:00 a 13:00 - Alumnado de 1º de CS Automatización e Robótica Industrial.

  • Únete á comunidade robot!
  • A ver si saes desta, Escornabot!.
  • Micro:bit. Un microprocesador con MACROFUNCIÓNS.

De 12:00 a 13:00 – Electricidade e Electrónica. Instalacións e Mantemento.

  • Plastilina conductiva. Experimentamos?
  • Abre as fiestras! Detector de CO2.
  • Botamos unha carreira? As correntes de Foucault.

…e no taller de Climatización… Un forno solar... Cociñamos co sol !

Xeografías Lectoras na Biblioteca Escolar 2020-2021

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2020/2021. O lema elixido, XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR, quere  poñer o foco nas posibilidades que ofrece a biblioteca escolar para a construción da persoa lectora a través das distintas actividades que programa e dos recursos que pon a disposición da comunidade educativa. 

Ir á web

Clique neste enlace ou na imaxe de arriba para ir á web deste evento e ver máis información.

En tempos confusos como os que estamos a vivir cómpre volver ás orixes, ao fundamental: a lectura e toda a súa potencialidade, sen esquecer outras oportunidades da biblioteca escolar para unha formación integral do alumnado.

Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor 2020

"Cada libro que lemos queda gravado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín".

(Manuel Gago).

Que a primavera entre polas fiestras e traia a voz das aves para acompañar as nosas lecturas!

A imaxe, publicada por Bibliotecas Escolares de Galicia, é unha colaboración do profesor Harold Iglesias, fotografía dun "chasco" da Costa Vicentina (Portugal), paxariño común tamén no noso país.

Pódese coñecer algo máis deste chasco común na ligazón seguinte en Wikipedia https://gl.wikipedia.org/wiki/Chasco_común, e mesmo escoitar o seu canto: https://www.canto-pajaros.es/tarabilla-europea/

 

Chasco Común

 

Visita do escritor Manuel Núñez Singala

O próximo 19 de febreiro visitaranos Manuel Núñez Singala. Agardamos a vosa asistencia !

Páxinas

Igualdade

Xunta de Galicia. Vicepresidencia. Secretaría xeral para a igualdade.

Gobierno de España. Ministerio de la Presidencia. Instituto de la mujer.

Gobierno de España. Instituto de la mujer. Guías para el uso no sexista del lenguaje.