Biblioteca do CIFP Coroso
A continuación tes todas a información da nosa biblioteca.
Guía de recomendacións para o día da paz 2019
No seguinte enlace atoparedes a guía de recomendacións do equipo de biblioteca para o día da paz.
Páxinas
IDENTIDADE - CONVERSAS CON NEE BARROS
O vindeiro 30 de marzo contamos coa presenza de Nee Barros, autor da obra de teatro Identidade.
No encontro conversaremos sobre a sua obra, a súa experiencia vital e persoal e a normalidade do que non é común. O encontro, realizado co patrocinio da Editorial Galaxia, celebrarase na Biblioteca do CIFP Coroso, entre as 12:00 e as 14:00 horas.
8M - DIA INTERNACIONAL DA MULLER
Un ano máis, no CIFP Coroso dicimos Parabéns a todas as mulleres! Celebramos o 8M, Día Internacional da Muller, baixo o lema “Disque meigas e tolas….somos mulleres”.
Coa colaboración do noso alumnado elaboráronse carteis que presentan a mulleres que destacaron polas súas aportacións nos campos científicos correspondentes ás distintas familias profesionais. Quen visite a biblioteca poderá disfrutar e aprender cos traballos realizados.
ENCONTROS LITERARIOS NO CIFP COROSO
A escritora galega Fina Casalderrey tivo un encontro literario co noso alumnado de FPB , Para transmitirlle a súa pasión pola escritura, a lectura e a creación de contidos en lingua galega.
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA - 11 FEBREIRO
Con motivo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, 11 de febreiro, no CIFP Coroso queremos celebrar unhas xornadas de ciencia.
Nestas xornadas, a realizarse durante os días 9 e 10 de febreiro, o noso alumnado poderá asistir a demostracións, ensaios e experimentos, e onde participará alumnado e profesorado de cada unha das familias profesionais que se imparten no centro.
Ver cartel co programa completo.
XORNADAS DA CIENCIA NO CIFP COROSO, OS DÍAS 9 E 10 DE FEBREIRO
- Exposicións
- Demostracións prácticas
- Ensaios
PROGRAMACIÓN
Día 9 de FEBREIRO, na Biblioteca.
De 10:30 a 13:00 - José Crecente e alumnado de 2º de CM de Industrias Alimentarias.
- Esferificamos? Como facer esferas de sabores.
- Esta lata ten moito perigo! Control de defectos en recubrimentos de latas de conserva.
De 11:30 a 12:00 – Beatriz Martínez, Industrias Alimentarias.
- O mundo minúsculo. Observando a través dun microscopio.
De 13:00 a 14:00 - Beatriz Martínez, Industrias Alimentarias.
- As cores dos caramelos. Separación por cromatografia dos colorantes dos caramelos.
Día 10 de FEBREIRO, na Biblioteca.
De 12:00 a 14:00 – Cecilia Veiga e alumnado de 2º de FPB de Industrias Alimentarias.
- Como se fai a fariña sen glute?
- Coidado co vinagre!
- Esto leva amidón?
De 12:00 a 13:00 – Alumnado CM Carrocería. Transporte e Mantemento de Vehículos.
- Arte na automoción. Técnicas e materiais para carrocería.
- Pintado por inmersión, Pintura termocalórica, Pintura efecto Camaleón.
De 12:00 a 13:00 – Alumnado de 1º FPB de Embarcacións Deportivas e de Recreo.
- A maxia da tensigridade. Mesa flotante.
De 12:00 a 13:00 - Alumnado de 1º de CS Automatización e Robótica Industrial.
- Únete á comunidade robot!
- A ver si saes desta, Escornabot!.
- Micro:bit. Un microprocesador con MACROFUNCIÓNS.
De 12:00 a 13:00 – Electricidade e Electrónica. Instalacións e Mantemento.
- Plastilina conductiva. Experimentamos?
- Abre as fiestras! Detector de CO2.
- Botamos unha carreira? As correntes de Foucault.
…e no taller de Climatización… Un forno solar... Cociñamos co sol !
Xeografías Lectoras na Biblioteca Escolar 2020-2021
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2020/2021. O lema elixido, XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR, quere poñer o foco nas posibilidades que ofrece a biblioteca escolar para a construción da persoa lectora a través das distintas actividades que programa e dos recursos que pon a disposición da comunidade educativa.
Clique neste enlace ou na imaxe de arriba para ir á web deste evento e ver máis información.
En tempos confusos como os que estamos a vivir cómpre volver ás orixes, ao fundamental: a lectura e toda a súa potencialidade, sen esquecer outras oportunidades da biblioteca escolar para unha formación integral do alumnado.
Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor 2020
"Cada libro que lemos queda gravado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín".
(Manuel Gago).
Que a primavera entre polas fiestras e traia a voz das aves para acompañar as nosas lecturas!
A imaxe, publicada por Bibliotecas Escolares de Galicia, é unha colaboración do profesor Harold Iglesias, fotografía dun "chasco" da Costa Vicentina (Portugal), paxariño común tamén no noso país.
Pódese coñecer algo máis deste chasco común na ligazón seguinte en Wikipedia https://gl.wikipedia.org/wiki/Chasco_común, e mesmo escoitar o seu canto: https://www.canto-pajaros.es/tarabilla-europea/
Visita do escritor Manuel Núñez Singala
O próximo 19 de febreiro visitaranos Manuel Núñez Singala. Agardamos a vosa asistencia !