AVALIACIÓN DIAGNÓSTICA 23/24
Enviado por bandaseca o Mar, 02/04/2024 - 12:42En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as comunidades autónomas a realización das probas da avaliación de diagnóstico para o alumnado de 4.º curso de educación primaria e 2.º curso de educación secundaria obrigatoria.
No caso de Galicia, terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril.
Teñen toda información picando no seguinte enlace:
https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/ad2324_faq.pdf
ADMISIÓN CURSO 24/25
Enviado por bandaseca o Xov, 29/02/2024 - 17:29Rematado o período de reserva de praza para alumnado dos centros adscritos, ábrese o prazo para solicitar a admisión no noso centro: do 1 ao 20 de MARZO.
Na paxina de admisión de alumnado da consellería teñen toda información sobre o proceso, formularios, lexislación,...
Deixamos un triptico do noso centro e un modelo de solicitude en arquivos adxuntos.
OBRADOIRO DE CONCILIACIÓN- 12, 13 e 14 DE FEBREIRO
Enviado por bandaseca o Lun, 05/02/2024 - 18:04Os días 12-13-14 de febreiro non son lectivos.
Como de costume o Concello levará a cabo o obradoiro de conciliación no nos centro, para nenos e nenas de 3 a 12 anos en horario de 9 a 14 h., Tamén hai servizo de madruga e comedor.
Deixamos a folla de inscrición no arquivo adxunto.
ADMISIÓN ALUMNADO – CURSO 2024/25 RESERVA DE PRAZA
Enviado por bandaseca o Mar, 16/01/2024 - 17:45Desde o día 15 de xaneiro ata o día 5 de febreiro esta aberto o prazo de presentación de solicitudes para a reserva de prazas dos centros adscritos: neste centro a teñen que realizar o alumnado que cursará 1º no noso centro e que están en infantil nos centros adscritos do Fernández Varela, Vilariño, A Granxa e Monte Carmelo e os que están en 6º de primaria e van cursar 1º da ESO no IES da Pobra.
O alumnado de 1º a 5º ten permanencia no centro e non ten que facer nada.
Na ultima semana de xaneiro (informaremos máis adiante) realizaremos unha reunión informativa para as familias dos centros de infantil adscritos.
As solicitudes de reserva as poden realizar ben a través da paxina web admisionalumnado ou completando o modelo de reserva Anexo I en galego ou castelán que adxuntamos tamén como arquivo adxunto. Poden entregalo ben no noso centro ou no seu centro de orixe (despois pasaremos nós a recollelas). Recorden que teñen que completar tamén a folla 4 do modelo (Anexo I-bis)(comprobación de datos e consentimento da outra persoa proxenitora)
Todo o proceso e información dispoñible na aplicación admisionalumnado.
Normativa:
Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado…..
Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022
Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro.
RECEITA CON CARIÑO
Enviado por bandaseca o Xov, 21/12/2023 - 10:18Deixamos o enlace da curta que presentan os alumnos de teatro para o concurso de curtas Alberto Romero e que presentaron hoxe no colexio.
ACTIVIDADES NADAL: CONTACONTOS E PANXOLIÑAS POLA VILA
Enviado por bandaseca o Mér, 20/12/2023 - 12:05O día 21 de decembro rematamos as as clases e comezamos as vacacións de de Nadal atao domingo 7 de xaneiro.
Estes días finais temos unha serie de actividades para rematar o trimestre e o ano:
O día 20 temos un contacontos na biblioteca a cargo de Charo Pita e que en varias sesións pasarán todos alumnos do centro. Esta actividade foi subvencionada polo Concello da Pobra do Caramiñal.
O día 21 a primeira hora os alumnos de teatro do centro farán a presenctación ao alumnado do centro dun sketch e a película para o concurso de curtametraxes. Despois imos realizar as XANEIRAS DE NADAL, cada nivel cantará dous villancicos en dous lugares diferentes da vila:
12:30 - Todos alumnos nos reuniremos despois no cantón da leña (Cada curso cantará 1 panxoliña e todos xuntos o Aguinaldo de despedida)
1º- Polo Nadal / 2º-Nadal / 3º- Mi burrito Sabanero / 4º- Volver a casa por Nadal / 5º- Ay del chiquirritín / 6º- Navidad Rock
13:00- 12 BADALADAS con gusanitos e chocolatada.
CONCILIACION:OBRADOIROS NADAL MAÑAS E TARDES
Enviado por bandaseca o Ven, 15/12/2023 - 10:43Dende a Concellaría da Igualdade, un ano máis, poñen á disposición das familias os Obradoiros de Conciliación de Nadal que se vai levar a cabo no CEP Plurilingüe Salustiano Rey Eiras:
Conciliación de mañá: dende o 22 de decembro ao 5 de xaneiro en horario de 09.00 a 14.00 horas. Aquelas familias que o precisen teñen a posibilidade de contratar o Servizo de Madruga e Comedor.
Conciliación en horario de tarde. O Espazo de Coidados do Nadal é un recurso de conciliación estará dispoñible en horario de 16.00 h a 20.00 h dende o día 22 de decembro ao 4 de xaneiro. Terá quen asistir unmínimo de 5 crianzas ao día para que o Espazo de Coidados estea habilitado.
NADAL. DOAZON BICIS-PATINETES
Enviado por bandaseca o Lun, 27/11/2023 - 10:54DIFUNDIMOS ESTA INICIATIVA MOI INTERESANTE PARA O NADAL
PLAN DIXITAL
Enviado por bandaseca o Ven, 03/11/2023 - 10:40O plan dixital do centro do curso 23-24 atópase colgado na aplicación Educalidade no seguinte enlace:
https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvo...
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »