CALENDARIO ESCOLAR

Principais festivos no calendario escolar:

Venres 7 de decdembro: día do ensino

Vacacións de Nadal: do sábado 22/12 ata o luns 7/1 (incluido)

Luns, martes e mercores, 4, 5 e 6 de marzo: Entroido

Martes 19 de marzo: San José

Semana Santa: do sábado 13 de abril ao luns 22 de abril (incluídos)

Mércores 1 de maio: día do traballo

Venres 17 de maio: día das Letras Galegas

Luns 20 de maio: día que escolle o centro (e resto de centros de primaria e infantil da localidade).

 

Avaliacións:  Como este curso a Semana Santa é moi tarde e volvemos o 23 de abril, decidimos adiantar a 2ª avaliación  un par de semanas, para igualar os trimestres.

A entrega de notas será para a 1ª av. o 21 de decembro,  a 2ª av. o 29 de marzo e a 3ª av. o 21 de xuño

 

CLASES MARTES 18/09

LUNS, 17 DE SETEMBRO FESTIVO LOCAL

MARTES, 18 DE SETEMBRO: AS CLASES COMEZARÁN AS 10:00 H. - SAÍDA Á HORA HABITUAL: 13:50 H.

LIBROS DE TEXTO 18/19

Os cheques de axuda a material e ode libros de texto (1º e 2º) estarán dispoñibles a partir do día 16 de xullo.

As listaxes provisionais de fondolibros co número de libros que lle corresponden a cada alumno están publicadas no taboleiro do centro. A vindeira semana puclicaranse as listaxes definitivas.

No documento adxunto están os libros de texto do curso 18/19. 

MATRÍCULA 1º CURSO 2018/19

Oficialmente o prazo de matrícula é do 20 ó 30 de xuño, pero para facilitar este proceso, a partir desta semana xa poden traer a documentación e entregala na secretaría do novo centro (pinchar nos seguintes enlaces para descargar a documentación):

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E FONDO SOLIDARIO

Publicada a Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar, para alumnado de EP para o curso escolar 2018/19

A presente orde integra as diversas modalidades de gratuidade solidaria dos libros de texto:

         1.         

A participación no fondo solidario de libros de texto en 3º, 4º, 5º e 6º.

         2.         

As axudas para adquirir libros de texto en 1º e 2º

         3.         

As axudas para adquirir material escolar en toda Primaria.

1.   

O centro asignará libros de texto do fondo solidario (de 3º a 6º), ao alumnado que o solicita do seguinte xeito: Por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias. Esgotados os libros dispoñibles do fondo solidario o centro adquirirá libros complementarios para garantir:

  •      Alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €: 6 libros.
  •       Alumnado con renda per cápita familiar superior a 5.400 € e igual ou inferior a 9.000 €: 4 libros
  •      Alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta ou con discapacidade igual ou superior ao 65 %: 6 libros.

 

2.   

Contía da axuda para adquirir libros de texto de 1º e 2º:

       

Alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €: 170 €.

       

Alumnado con renda superior a 5.400 € e igual ou inferior a 9.000 €: 90 €.

       

Alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, a contía das axudas será de 250 € con independencia da renda.

3.   

Contía da axuda para adquirir material escolar: destinado a alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 € ou   cunha discapacidade igual ou superior ao 65% será de 50 €.

Cálculo da Renda per cápita. A renda per cápita da unidade familiar é o resultado de dividir a renda1 da unidade familiar (a suma das rendas dos membros con ingresos) do exercicio fiscal 2016 entre o número de membros computables. Computarán por dous os membros que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33 % ou acrediten unha pensión por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez.

1Si presentou declaración no exercicio 2016, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 392) e a do aforro (recadro 405);cando non a presentase, sumaranse os ingresos netos obtidos.

Non terá a consideración de membro computable:  a) A persoa proxenitora que non conviva co alumnado nos casos de separación legal ou divorcio, agás no caso de custodia compartida.

Devolución dos libros de texto do curso 2017/18. Obrigas:

As persoas beneficiarias de libros procedentes do fondo solidario no presente ano académico deberán devolver os libros ao rematar o curso (O prazo máximo para devolvelos será o 22 de xuño de 2018). A falta de devolución será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros para o curso 2018/19.

A solicitude deberá estar asinada polo pai, nai, titor/a ou representante legal do alumnado.

O prazo para presentarsolicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde, 23 de maio,  e rematará o día 22 de xuño de 2018 (este incluído).

Achegarase a seguinte documentación: copia do libro de familia onde consten todos os membros computables (nos casos en que non teñan libro, sentencia xudicial, volante de convivencia, ou certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar).

 

AVALIACIÓN INDIVIVUALIZADA 2018

No DOG do 26 de abril saíron publicadas as avaliacións individualizadas para este curso.

En 3º nivel  serán os días 23 e 24 de maio.

Este curso temos que facer tamén a de 6º, que se ralizará os días 29 e 30 de maio.

Para mais información pinche aquí.

APLICACIÓN ABALARMOBIL

Animámoslles a descargar nos seus móbiles a aplicación abalarMobilque ofrece a Xunta de Galicia para facilitar o acercamento entre o profesorado e as familias A descarga desta aplicación faise dende Apple store (IOS) ou dende Play Store (Android).

Trátase dunha aplicación que permite ás familias, de forma cómoda e rápida, consultar a información dos seus fillos, cualificacións, faltas de asistencia, ver avisos e notificacións do centro ou do profesor,...

Toda información sobre a descarga, funcionalidades e manual de usuario pinchando  no enlace https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil. 

O vindeiro curso comezaremos a usala como canle ordinaria nas notificacións do centro coas familias (polo momento tamén enviaremos os comunicados en papel), polo que é interesante ir familiarizándose con ela e descubrir a potencialidade desta ferramenta.

DÍA NON LECTIVO

O vindeiro luns 30 de abril non é lectivo no noso centro.

FOLGA 8 DE MARZO DE 2018

Diversas organizacións sindicais comunicaron a convocatoria de folga xeral para o 8/3/2018 que afectará a todas as actividades e centros de traballo, tanto empresas privadas como do sector público, con vínculo funcionarial, estatuario ou laboral, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma e que se desenvolverá desde as 00.00 h. do 8 de marzo ata as 24.00 do mesmo día. Segundo as convocatorias dos distintos sindicatos haberá estas modalidades de duración de:

  • 24 horas do día 8 de marzo de 2018
  • ou por tramos entre as 00:00 h. e as 02.00 h. da madrugada, entre as 12.00 h. e as 14.00 h. da mañá ou entre as 19:30 h. e as 21.30 h. da tarde do día 8 de marzo, dependendo da quenda de traballo.

 

Os servizos mínimos legalmente establecidos son unha persoa de dirección, outra de servizos xerais e o auxiliar coidador. Está folga pode ser secundada por profesorado deste centro. Os alumnos afectados por estar a súa profesora de folga serán atendidos, pero non se lles impartirá ningunha materia curricular. O transporte e comedor escolar, están contemplados como servizo mínimo.

O NOSO COLE

Distribuir contido