LISTAXE RESERVA PRAZA 1º. CURSO 20/21
Enviado por bandaseca o Ven, 28/02/2020 - 11:31LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO PROCEDETE DE CENTROS ADSCRITOS.
RESERVAS ADMITIDAS CURSO 2020/21. 1º EDUCACIÓN PRIMARIA
ADMISIÓN CURSO 2020/2021
Enviado por bandaseca o Mér, 19/02/2020 - 19:28RESERVA DE PRAZA
Prazo de presentación de solicitudes; do 1 ao17 de febreiro. Este proceso só o teñen que realizar o alumnado de infantil dis centros adscritos (Fernández Varela, Monte Carmelo, Vilariño e Granxa) e o de 6º, os que xa están no colexio non ten que facer nada.
Na páxina: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/, pódese descargar o impreso. Si realizan a solicitude en liña, deben presentar a solicitude tamén na secretaría do centro.
Mais información na orde de 25 de xaneiro de 2017 (DOG 1 de febreiro) que regula este proceso.
ADMISIÓN ALUMNADO
Prazo de presentación de solicitudes.
O prazo de presentación de solicitudes de admisión será do día 1 ao 20 de marzo, ambos os dous incluídos. para alumnado que procede doutros centros ou que vai a ir aoutro IES que non sexa o de Pobra.
Lugares e formas de presentación das solicitudes.
- Por internet, no enderezo electrónico https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ e entregando no centro unha copia do impreso.
- A través da Sede electrónica da Xunta de Galicia
- De xeito presencial na Secretaría do Centro.
Documentación necesaria que se deberá entregar:
a) Formulario de admisión ED550B
b) Se é o caso, convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio.
Nota: todo o alumnado procedente dos centros adscritos que fixo a reserva de praza escolar entre os días 01 e 17 de febreiro está admitido para continuar os seus estudos no CEP Salustiano Rey Eiras na etapa de primaria.
ENTROIDO 2020
Enviado por bandaseca o Mér, 19/02/2020 - 19:26O venres 21 de febreiro celebramos o Entroido. Este día o horario será de 10:00 a 13:00. Haberá servizo de transporte, marugadores e comedor.
Realizaremos un desfile polas rúas da localidade. A saída será arredor das 10:30 h. co percorrido de sempre e logo, no patio faremos unha pequena festa e degustación de produtos típicos no patio.
Incorporaranse ao desfile durante parte do percorrido os outros centros da localidade de infantil e primaria: Vilariño, A Granxa, Monte Carmelo, Cadreche e a Angustia.
Percorrido: saída do centro, acceso á estrada principal a altura da Ferretería del Río, dirixiremosnos ata a Alameda, facendo parada no Concello onde se incorporará o alumnado de outros centros. Chegamos ata o semáforo e entramos na Alameda polo paso de peóns. Voltamos pola rúa do Estremo, praza de Maura e Canton da Leña. Dende o Museo cruzamos ata o paseo do Areal e continuamos pola beirarrúa ata a rua Venecia (altura do Eroski, por detras das pistas de tenis cruzamos ao polideportivo e residencia da 3ª idade para chegar ata o centro.
ALERTA LARANXA 18/12/2019
Enviado por bandaseca o Mér, 18/12/2019 - 07:27Alerta de nivel LARANXA por refachos de vento superiores a 100 Km/h durante o mércores 18 de decembro de 9:00 h. a 15:00 h. no oeste da provincia da Curuña, a mariña e a montaña de Ourense.
A Xunta de Galicia declarou a SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES NO EXTERIOR nos centros educativos situados nas zonas de predición meteorolóxica afectadas.
CALENDARIO ESCOLAR
Enviado por bandaseca o Mar, 29/10/2019 - 10:33PONTE TODOS OS SANTOS:
Recordamos que, segundo o calendario escolar da Consellería de Educación, o xoves 31 de outubro está declarado como Día do Ensino e non é lectivo.
Os centros poden solicitar dous días ó longo do curso como non lectivos. No noso centro un deles coincide co luns de Nazareno, o outro non lectivo se solicitou o luns 4 de maio.
MATERIAL ESCOLAR
Enviado por bandaseca o Xov, 12/09/2019 - 17:12CIRCULAR INICIO CURSO
Enviado por bandaseca o Lun, 09/09/2019 - 17:22INICIO CURSO 2019/20
Enviado por bandaseca o Ven, 06/09/2019 - 09:11As clases comezarán o vindeiro 11 de setembro en horario de 9:10 h a 13:50 h.
Haberá servizo de autobuses e comedor.
1º nivel: unha vez entren os nenos e nenas de 1º faremos unha reunión informativa cos pais e nais presentes dese nivel.
O luns 16-S é festivo local, o martes retomaremos as clases no horario habitual (9:10-13:50).
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- …
- seguinte ›
- última »