OBRADOIRO CONCILIACIÓN- 2 MAIO NON LECTIVO

O vindeiro martes 2 de maio é día non lectivo en todos os centros de primaria do Concello da Pobra do Caramiñal.
A Concellería de Igualdade do Concello achega un obradoiro de conciliación dirixido a crianzas da infantil e da primaria. Coma de costume, este servizo desenvolverase no noso centro de 09.00 a 14.00 h. A maiores, ofrécese a opción dos servizos de Madruga e Comedor.
As inscricións débense efectuar antes do día 28 de abril no Departamento da Igualdade, situado fronte á casa consistorial.
 

CAMIÑOS ESCOLARES SEGUROS

Desde a Concellería de mobilidade do Concello vanse poñer en marcha o programa de "camños escolares seguros" (CES) para fomentar que os nenos poidan vir e voltar a casa andando.

O percorrido completo para o noso centro sería desde a praza maior, pola alameda, rúa do Estremo, praza de Maura (catro canos), Canton da Leña, praza Irmas Ageitos, Corraliño, xardíns Casa Raquel Soler e pola estrada principal ata o centro. Este percorrido está sinalizado e conta con pasos de peóns. Adxuntamos o triptico onde se explica todo isto con máis detalle e cun plano co percorrido. Ademais dunhas charlas que lles impartirán aos nenos persoal do Concello, apoiaremos a iniciativa desde o centro  realizando este percorrido para que o alumnado o poida coñecelo sobre o terreo e as normas de conduta en caso de usalo.

SPRING WEEK - 6º

PROGRAMA DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA PARA ALUMNADO DE 6º

DO 4 AO 10 DE XUÑO NO CENTRO OS PEARES. CLICANDO NESTE ENLACE TEÑEN TODA INFORMACIÓN SOBRE A ESTADÍA, HORARIOS, TELEFONOS, MENUS, ROUPA PARA LEVAR,... AO FINAL TEÑEN UN DOSSIER COMPLETO PARA DESCARGAR. TAMÉN O ENGADIMOS COMO ADXUNTO

25 PRAZAS. CRITERIOS DE SELECCIÓN NOTAS GLOBAIS DE 5º E DA 1ª AVALIACIÓN E DE ACTITUDE.

PRAZO PARA ANOTARSE: ATA O MÉRCORES 22 DE MARZO. DEIXAMOS  COMO ADXUNTO A SOLICITUDE QUE A PODEN ENTREGAR BEN A TRAVÉS DO ALUMNADO NA TITORÍA/SECRETARIA DO CENTRO OU ENVIAR AO CORREO DO CENTRO.

 

ENTROIDO 2023- DESFILE

Este curso imos sairde desfile de entroido o venres 17 de febreiro. A saída será a partir das 10:30 h.

No desfile participan tamén os colexios de Cadreche, Fernández Varela, Vilariño, Monte Carmelo e a Granxa.

Percorrido: 

Saida do centro e pola estrada principal ata o Concello onde se incorporar outros centros.

Continuamos ata o semáforo e logo voltamos polo xardín e rúa Castelao, por diante do Fernández Varela e mercado para sair ao paseo do areal.

Chegamos ata o cruce do Eroski e voltamos para o centro por Venecia pasando polo centro de día e residencia da 3ª idade.

ADMISIÓN ALUMNADO

Todos alumnos e alumnas que reservaron praza para 1º nivel de educación primaria para o curso 2023-24 foron admitidos.

As listaxes están expostas no taboleiro de anuncios do interior do centro.

ESPAZO DE COIDADOS CORRESPONSABLES

VACACIONS NADAL- MODIFICACIÓN HORARIA

Este curso as vacacións de Nadal son ata o domingo 8 de xaneiro. recomenzamos as clases o LUNS 9 DE XANEIRO.

As notas este curso publicanse unicamente na aplicación de Abalar. Se algun pai/nai as necesita en papel pode solicitalas en secretaría.

MODIFICACIÓN HORARIA DESPOIS DE NADAL: A xefatura territorial atendeu a solicitude do centro de modificar o horario que a partir do 9 de xaneiro será:

DE LUNS A VENRES DE 8:55 h. A 13:55, deste xeito xa non temos clase os luns pola tarde. AS TITORÍAS DOS PAIS continúan sendo os luns, agora en horario de  17 a 18 h.

O recreo será de 11:30 h. a 12:00 h. O alumnado de 1º e 2º continuará saíndo uns minutos antes para dar tempo aos pais a recollelos antes da saida do resto.

O transporte escolar adiantará ó seu horario 15 minutos.

Acceso ao recinto: o alumnado do transporte entrará encanto chegue a partir das 8:40 h. O resto do alumnado  pode entrar desde as 8:50 h.

 

PAPA NOEL SOLIDARIO -FESTIVAL FUNDACIÓN ANDREA

PROCLAMACIÓN CONSELLO ESCOLAR

Realizadas as eleccións para a renovación do Consello Escolar. A composición do consello escolar estará formada por 13 persoas: (as novas representantes están en negrita):

Equipo directivo: José Delgado Marco, Daniela Martínez Somoza, Mª Angela Ayaso Monteagudo.

Representantes pais/nais; Mª Elena Noche Moure, Natalia Brión Lijó, Miriam Varela Fernández (ANPA).

Representantes profesores: Mª Luisa López Losada, Irene Paz Pose, María Regos Fariña, Diana Crujeiras Fernández, Estíbaliz Urizar Rodríguez.

Persoal de servizos: Carlos Abuin Abeijón.

Representante do Con.cello: Lidia Martínez Fernández

ELECCIONS CONSELLO ESCOLAR

As eleccións para representantes do Consello Escolar se celebrarán o luns 28 de novembro.

Horario votacións pais/nais: 17:25-18:30 h.

Candidata: Mª Elena Noche Moure

Distribuir contido