ACTIVIDADE E.F. PARA TODOS

Desixamos este enlace para facer un xogo da oca que esperamos que vos guste. O poden facer tanto os nenos e nenas de 1º como os de 6º ou os pais e nais, todo depende do nivel que queirades aplicar en cada proba. As normas son moi sinxelas.

XOGO DA OCA EN EF

 

 

 Un saúdo, os profes de EF.

 

 

ACTIVIDADES 3º .VOLTA DE VACACIÓNS

Despois das vacación e, a espera de que desde a Consellería dean instruccións sobre a 3ª avaliación, deixamos un documento co traballo de 3º.

VACACIÓNS SEMANA SANTA

 

O 3 de abril comezan as vacacións de Semana Santa e remata oficialmente o trimestre, polo que publicamos os boletíns de notas da 2ª avaliación. Estas notas avalían  o traballo realizado polos alumnos ata o día que se suprimiron as clases, venres 13 de marzo.

As vacacións de Semana Santa comprenden desde o 3 de abril ata o 13 de abril inclusive. Aínda non sabemos nada de como vai ser a 3ª avaliación e todo dependerá de cando se retomen as clases. Gustaríanos que o día 14 de abril retomásemos as clases de forma normal, pero moito tememos que teremos que seguir nas casas un tempo máis. Nestes días descansaremos da realización das tarefas que se estaban enviando a través dos medios telemáticos.  Tanto na páxina web do centro como a través de Abalar, colgaremos toda información que nos remitan as autoridades educativas.

 

Ánimo e forza

RESISTIRÉ-MÚSICA

Auí deixamos dous enlaces da canción resistiré para que vos animedes a cantalas. Versión clásica do Duo dinamico e versión actual 2020. 

https://www.youtube.com/watch?v=EXGyhA7TPVo

https://www.youtube.com/watch?v=hl3B4Ql8RtQ

ACTIVIDADES 3º. LINGUA

As profes pasaron estas fichas fichas de repaso de linguas para facer.

2ª AVALIACIÓN

A 2ª avaliación farase publica o vindeiro venres 3 de abril. Dadas as circunstancias actuais  a entrega realizarase a través da  plataforma abalar. 

Polas circunstancias excepcionais que atravesamos, non serán avaliables as actividades relacionadas con sontidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade a declaración do estado de alarma.

ACTIVIDADES 3º

Pasamos 2 actividades de matemáticas para 3º, en arquivos adxuntos.

TRIVIAL QUEDO EN CASA. SEGUNDA SEMANA

Esta semana deixámosvos unha segunda tarefa do Trivial Quedo na casa de Educación Física. Tedes un taboleiro para cada día da semana. Esperamos que vos guste.

1º A 6º DE PRIMARIA.

TRIVIAL QUEDO EN CASA. SEGUNDA SEMANA.

 

 

 Un saúdo, os profes de EF.

 

 

 

Quest Student's Website.

Quest é unha aplicación da Editorial Macmillan para practicar o inglés na casa.

Hai actividades para todos os niveis de EDUCACIÓN PRIMARIA.

Pincha AQUÍ para acceder.

VIDEO: TROSKITA

Deixamos o enlace de youtube do video de Trokita, Dentelludo e o coronavirus.

https://youtu.be/bk1ZqwmY1Tc

Distribuir contido