INFORMACIÓN CORONAVIRUS

LISTAXE RESERVA PRAZA 1º. CURSO 20/21

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO PROCEDETE DE CENTROS ADSCRITOS. 

RESERVAS ADMITIDAS CURSO 2020/21. 1º EDUCACIÓN PRIMARIA

ADMISIÓN CURSO 2020/2021

RESERVA DE PRAZA

Prazo de presentación de solicitudes; do 1 ao17 de febreiro. Este proceso só o teñen que realizar o alumnado de infantil  dis centros adscritos (Fernández Varela, Monte Carmelo, Vilariño e Granxa) e o de 6º, os que xa están no colexio non ten que facer nada.

 

Na páxina: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/, pódese descargar o impreso. Si realizan a solicitude en liña, deben presentar a solicitude tamén na secretaría do centro.

 

Mais información na orde de  25 de xaneiro de 2017 (DOG 1 de febreiro) que regula este proceso.

ADMISIÓN ALUMNADO

Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes de admisión será do día 1 ao 20 de marzo, ambos os dous incluídos. para alumnado que procede doutros centros ou que vai a ir aoutro IES que non sexa o de Pobra.

Lugares e formas de presentación das solicitudes.

Documentación  necesaria que se deberá entregar:

a) Formulario de admisión ED550B

b) Se é o caso, convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio.

 

Nota: todo o alumnado procedente dos centros adscritos que fixo a reserva de praza escolar entre os días 01 e 17 de febreiro está admitido para continuar os seus estudos no CEP Salustiano Rey Eiras na etapa de primaria. 

ENTROIDO 2020

O venres  21 de febreiro celebramos o Entroido. Este día o horario será de 10:00 a 13:00. Haberá servizo de transporte, marugadores e comedor.

Realizaremos un desfile polas rúas da localidade. A saída será arredor das 10:30 h. co percorrido de sempre e logo, no patio faremos unha pequena festa e degustación de produtos típicos no patio. 

Incorporaranse ao desfile durante parte do percorrido os outros centros da localidade de infantil e primaria: Vilariño, A Granxa, Monte Carmelo, Cadreche e a Angustia.

Percorrido: saída do centro, acceso á estrada principal a altura da Ferretería del Río, dirixiremosnos ata a Alameda, facendo parada no Concello onde se incorporará o alumnado de outros centros. Chegamos ata o semáforo e entramos na Alameda polo paso de peóns. Voltamos pola rúa do Estremo, praza de Maura e Canton da Leña. Dende o Museo cruzamos ata o paseo do Areal e continuamos pola beirarrúa ata a rua Venecia (altura do Eroski, por detras das pistas de tenis cruzamos ao polideportivo e  residencia da 3ª idade para chegar ata o centro. 

ALERTA LARANXA 18/12/2019

Alerta de nivel LARANXA por refachos de vento superiores a 100 Km/h durante o mércores 18 de decembro de 9:00 h. a 15:00 h. no oeste da provincia da Curuña, a mariña e a montaña de Ourense.

A Xunta de Galicia declarou a SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES NO EXTERIOR nos centros educativos situados nas zonas de predición meteorolóxica afectadas.

CALENDARIO ESCOLAR

PONTE TODOS OS SANTOS:

Recordamos que, segundo o calendario escolar da Consellería de Educación, o xoves 31 de outubro está declarado como Día do Ensino e non é lectivo.

Os centros poden solicitar dous días ó longo do curso como non lectivos. No noso centro un deles coincide co luns de Nazareno, o outro non lectivo se solicitou o luns 4 de maio.

Calendario escolar 2019/20.

MATERIAL ESCOLAR

LISTAS DE MATERIALDOS DIFERENTES NIVEIS: 1º               

CIRCULAR INICIO CURSO

INICIO CURSO 2019/20

As clases comezarán o vindeiro 11 de setembro en horario de 9:10 h a 13:50 h.

Haberá servizo de autobuses e comedor.

1º nivel: unha vez entren os nenos e nenas de 1º faremos unha reunión informativa cos pais e nais presentes dese nivel.

O luns 16-S é festivo local, o martes retomaremos as clases no horario habitual (9:10-13:50).

LISTAS PROVISIONAIS FONDO LIBROS DE TEXTO

Publicadas no día de hoxe as listaxes provisionais do fondo solidario de lbros de texto de 3º, 4º, 5º e 6º. Expostas na porta de entrada do edificio principal.

Distribuir contido