CONCILIACIÓN: ESPAZO COIDADOS CORRESPONSABLES

Dende a Concellaría de Igualdade volven poñer en marcha o Espazo de Coidados Corresponsables, co fin de facilitar ás familias a conciliación da vida familiar, laboral e persoal en horario de tarde.

Está dirixido ás crianzas entre os 3 e os 12 anos de idade e levarase a cabo no CEP Plurilingüe "Salustiano Rey Eiras" de luns a venres de 16.00 a 21.00 horas.

É necesario que asistan un mínimo de 5 participantes ao día para que o Espazo de Coidados Corresponsables estea habiliitado.

Para máis información poden escribir a igualdade@apobra.gal ou chamar ao número 981832764 (ext. 6).

Deixamos no arquivo adxunto a solicitude de participación.

AdxuntoTamaño
Solicitude participación Espazo de Coidados 2023_24.pdf77.33 KB