DIGITAL WEEK - 6º

Por segundo curso consecutivo aprobaron o proxecto presentado polo centro para participar nun programa de inmersión lingüistica. O curso pasado foi Spring Week, o deste curso é DIGITAL WEEK

Esta concesión foi posible, primeiro pola decisión do profesorado e do Consello Escolar de participar no programa, despois polo proxecto presentado e, sobre todo, porque o centro participa en programas de adquisición de linguas e dixitais, somos centro plurilingüe (plástica en inglés, este curso de 1º a 3º), participamos en seccións bilingües (plástica en inglés, 4º a 6º) e o programa e-dixgal (libros electrónicos en 5º e 6º).

Tratase dunha estadía para 25 alumnos de 6º do noso centro (convivirán con 100 alumnos máis) durante unha semana (no noso caso será do 1 ao 7 de outubro) nun centro residencial situado na Comunidade Autónoma de Galicia en réxime de internado.

A Conselleía de Educación  dentro da Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras 2030 (EDUlingüe) tenta ofrecer un novo impulso cualitativo e cuantitativo ao ensino en linguas estranxeiras e así favorecer unha maior adquisición de destrezas lingüísticas por parte do alumnado. O programa procurará a inmersión en lingua inglesa do alumnado de xeito que lle permita desenvolver nunha contorna real a súa comunicación mediante actividades do ámbito dixital.

Durante esta estadía se estimulará a práctica do idioma e a súa utilización en contextos comunicativos diversificados e enfocados cara á mellora da comunicación oral a través de actividades dixitais, co apoio de profesorado nativo en lingua inglesa co obxectivo da mellora da competencia en lingua inglesa a través de actividades dixitais, así como actividades complementarias que promovan a actividade física e a socialización.

O martes 19 de setembro ás 5 da tarde na biblioteca do centro temos convocada unha reunión coas familias de 6º, para informar con mais detalle sobre a participación neste programa.

DOCUMENTACION

Resolución do 22 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

Resolución definitiva

AdxuntoTamaño
BRIEFING DIXITALWEEK.pdf1.21 MB
documentacion digitalweek ficha datos persoais alumnado.pdf338.1 KB
solicitude participacion familias.pdf575.1 KB