MATERIAL ESCOLAR - INICIO CLASES

As clases comezarán o vindeiro xoves día 8 de setembro no horario habitual de 9:10 h. a 13:50 h. Haberá servizo de transporte escolar.

Como xa saben a través dos medios de comunicación, se suprimen a maioría das normas covid, polo que retomamos  a "normalidade" en canto a protocolos e horarios:

  • Desaparece a recomendación de distancia interpersonal, tamén nos comedores.
  • Os grupos de convivencia estable poden interaccionar con outros.
  • A ventilación segue sendo recomendable.
  • A máscara segue sendo obrigatoria no transporte escolar, polo de agora. Explica que practicamente estamos nunha situación de normalidade, a partires desta semana tentarán publicar unhas instrucións con estas novidades

En canto ás entradas recordar que o alumnado de transporte escolar entrará no recinto escolar en canto baixe do autobús, mentres que o resto de alumnado poderá acceder ao recinto 5 minutos antes da entrada.

Á saída será ás 13:50, se ben para 1º e 2º nivel nos meses de setembro e outubro será 5º minutos antes.

Desde a ANPA están traballando para poder ofrecer desde ese día o servizo de madruga e comedor. As familias que necesiten estes servizos é preciso que os avisen ben por correo (anpabandaseca@gmail.com) ou por telefono/was (634964175).

MATERIAL ESCOLAR: adxuntamos os ficheiros que pasaron as titorías co material escolar.

AdxuntoTamaño
material 1º 22-23.pdf19.05 KB
material 2º 22-23.pdf58.53 KB
MATERIAL 3º 22-23.pdf66.37 KB
material 4º 22-23.pdf12.94 KB
material 5º 22-23.pdf20.96 KB
material 6º 22-23.pdf16.62 KB