NOVO CONSELLO ESCOLAR

Despois das eleccións para a renovación do Consello Escolar, a nova composición deste estará formada por 13 persoas, as novas representantes son elixidas por un período de tres anos tal e como indica a Resolución do 20 de setembro de 2021, xa que estas eleccións correspondía facelas o curso anterior e que se aprazaron por mor da pandemia:

Equipo directivo (3): José Delgado Marco (director), Daniela Martínez Somoza (xefa de estudos) e Marian Ayaso Monteagudo (secretaria)

Profesores (4): Diana Crujeiras Fernández, Estíbaliz Urizar Rodríguez, Irene Pose Paz, Victorino Palacios Martínez.

Nais/pais (4): Miriam Varela Fernández (representante da ANPA), Natalia Brión Lijó, Sesa Novo Boo, Mª Elena Noche Moure.

Representante de administración e servizos (1): Carlos Abuín Abeijón.

Representante do Concello (1): Lidia Martínez Fernández.

O novo Consello Escolar constituirase o 25 de novembro.