ENQUISA CONVIVENCIA
Estimadas familias,
Entre o 12 e o 29 de abril estará operativa unha enquisa da Consellería de Educación, dirixida a toda a comunidade educativa, para analizar o estado da convivencia como consecuencia do impacto da COVID-19.
Esta enquisa a realiza tanto o profesorado e persoal non docente como as familias e o alumnado de 5º e 6º (estes a realizarán no centro escolar).
Trátase dunha enquisa telemática, consta dunhas 15 preguntas e tárdase en cubrir arredor de 10 minutos.
No caso das familias, deben acceder, nesta ligazón https://edu.xunta.gal/convfamil e coa clave que lles facilita no impreso que lles enviamos polos nenos. As enquisas son anónimas e cada familia ten un código diferente xerado ao azar.
A participación da comunidade educativa nesta enquisa é fundamental e por iso necesitamos do esforzo e da implicación das familias.
Un saúdo
A dirección