EDUCACIÓN FÍSICA 1º- 4º e 5º- 6º.

1º a 4º de Primaria.

A semana anterior os cursos de 1º a 3º de Primaria xa estivestes a traballar posturas de ioga e diferentes exercicios de relaxación.

SEMANA DE LA CALMA.

Esta semana seguiremos traballando e coñecendo novas posturas de Ioga.

Este novo traballo é máis lúdico, teremos un pequeno taboleiro de xogo para aprender diferentes posturas de ioga de forma divertida.

A tarefa desta semana é seguir facendo actividade física todos os días e gozar do taboleiro, así que non tedes que enviarme ningunha tarefa a maiores.

Espero que gocedes con esta nova actividade. 

 

 

 5º e 6º de Primaria

Esta semana faremos  traballo de equilibrio e un pouco de coordinación con globos. A tarefa: facer un pequeno vídeo cos exercicios dos vídeos.: EQUILIBRIO E COORDINACIÓN 

 

 

Un saúdo, profes EF