MÓVETE CONNOSCO. EDUCACIÓN FÍSICA.
A Dirección xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pon en marcha a iniciativa “Móvete connosco na casa”. Unha programación semanal relacionada coa actividade física e as técnicas de relaxación para axudar aos escolares de Educación Primaria a manter a calma e seguir protexendo a saúde durante o tempo de confinamento.
Os vídeos constan dunha serie de actividades físicas cunha duración de 15 minutos aproximadamente, deseñadas para ser desenvoltas na casa, sen apenas material específico e dunha maneira sinxela, divertida e significativa.
Esta semana propoñémosvos para todos os niveis de Primaria (1º a 6º) un panel de Genially "MÓVETE CONNOSCO" onde atoparedes tres vídeos deste programa.
Deberedes entregar unha pequena tarefa que atoparedes no recurso que vos presentamos.
Un saúdo, os profes de EF.