AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE 3º

Segundo a Resolución 12 de abril de 2019 a avaliación individualizada de 3º  se realizará o 28 e 29 de maio (martes e mercores) .

 Finalidade:

A avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria ten como finalidade comprobar o grao de dominio das destrezas, capacidades e habilidades do alumnado en expresión e comprensión oral e escrita, cálculo e resolución de problemas en relación coa adquisición da competencia en comunicación lingüística e da competencia matemática. Esta avaliación ten carácter informativo e orientador. Completa a información que reciben os alumnos, as familias e os centros e orienta as decisións na elaboración de plans de mellora. En consecuencia debe servir para:

  1. Achegar información individualizada de cada alumno ou alumna avaliado sobre o seu progreso no grao de adquisición da competencia en comunicación lingüística e da competencia matemática, e contribuír á detección de dificultades na aprendizaxe.
  2. Achegar información e orientar os centros educativos para que, en función dos resultados obtidos polo seus alumnos e alumnas, cada centro adopte as medidas necesarias que redunden na mellora do proceso educativo.
  3. Achegar información ás familias e á Administración educativa sobre o progreso de aprendizaxe do alumnado que contribúa a orientar a toma de decisións e o establecemento de medidas encamiñadas á mellora educativa.

 Competencias que se avalían:

  1.  Competencia en comunicación lingüística (galego e castelá)
  2.  A competencia matemática

Os referentes das competencias serán os criterios de avaliación e os estándares de aprendizaxe avaliables para 3º dos anexos I e III do Decreto 105/2014, do 4 de setembro, no que se establece o currículo de primaria.

 Tambien se realizan uns cuestionarios de contexto para alumnos e familias e para o profesorado do centro que imparte nese nivel.

Horarios probas: día 28 e 29 de maio. (martes e mércores)

Día 28

tempo

horario

Competencia en comunicación lingüística - Caderno 1

60’

9:25 – 10:25

Descanso

25’

10:25 – 10:50

Competencia matemática – Caderno 1

50’

10:50 -11:40

Día 29

 

 

Competencia en comunicación lingüística – Caderno 2

60’

9:25 – 10:25

Descanso

25’

10:25 – 10:50

Competencia matemática – Caderno 2

50’

10:50 -11:40

As probas se realizarán a todos alumnos de terceiro presentes durante eses dous días desde a hora de entrada ata o recreo. Constan duns cadernillos e  audios elaborados pola Consellería e serán aplicadas por profesores do centro, que non son titores dos nenos e a corrección será levada a cabo por profesorado do centro, de acordo coas normas que nos envían desde a Consellería.