ADMISIÓN CURSO 2020/2021
RESERVA DE PRAZA
Prazo de presentación de solicitudes; do 1 ao17 de febreiro. Este proceso só o teñen que realizar o alumnado de infantil dis centros adscritos (Fernández Varela, Monte Carmelo, Vilariño e Granxa) e o de 6º, os que xa están no colexio non ten que facer nada.
Na páxina: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/, pódese descargar o impreso. Si realizan a solicitude en liña, deben presentar a solicitude tamén na secretaría do centro.
Mais información na orde de 25 de xaneiro de 2017 (DOG 1 de febreiro) que regula este proceso.
ADMISIÓN ALUMNADO
Prazo de presentación de solicitudes.
O prazo de presentación de solicitudes de admisión será do día 1 ao 20 de marzo, ambos os dous incluídos. para alumnado que procede doutros centros ou que vai a ir aoutro IES que non sexa o de Pobra.
Lugares e formas de presentación das solicitudes.
- Por internet, no enderezo electrónico https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ e entregando no centro unha copia do impreso.
- A través da Sede electrónica da Xunta de Galicia
- De xeito presencial na Secretaría do Centro.
Documentación necesaria que se deberá entregar:
a) Formulario de admisión ED550B
b) Se é o caso, convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio.
Nota: todo o alumnado procedente dos centros adscritos que fixo a reserva de praza escolar entre os días 01 e 17 de febreiro está admitido para continuar os seus estudos no CEP Salustiano Rey Eiras na etapa de primaria.