ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

 O consello está formado por 14membros: director, xefe de estudos, 5 profesores, 1 representante do Concello, 1 representante do persoal de servizos, 5 pais/nais e o secretario do centro(que non ten dereito a voto).Dos 5 representantes dos pais, 1 é designado pola ANPA.

Este curso cumpre realizar a renovación parcial do Consello Escolar do Centro, no sector dos pais/nais renovaranse 2 membros e o representante da ANPA. As eleccións terán lugar o luns 26 de novembro.

Desde o centro enviamos circulares sobre este proceso, nestes momentos temos publicadas no centro o censo de pais e nais para que poidan comprobar os sus datos e está aberto o prazo para reclamacións.

Enviamos papeletas para aqueles pais/nais que se queiran presentar. o prazo de candidaturas será ata o luns 19, Ese día realizaremos tamén o sorteo da mesa electoral que estará  formada por 4 pais/nais e o director.