LIBROS DE TEXTO 16-17 E MATERIAL ESCOLAR

O vindeiro luns entregaremos a nota  coa lista de material funxible e complementario.

En 1º nivel non hai que mercar o libros de ciencias naturais nin o de lingua castelá. En canto a caderniños complementarios, utilizaranse o de "Comprensión lectora" de Santillana, "expresión escrita" de 1º ed. La Calesa, "Yo calculo" (1,2,3) e "Yo cuento" (1,2,3).

En 2º nivel non hai que mercar o libro de lingua castelá. Utilizaranse os seguintes materiais complementarios: "Comprensión lectora. Ficas de trabajo" de Santiallana (ISBN 978-84-680-1292-6) e Expresión escrita de 2º ed. La Calesa (ISBN 978-84-8105-155-1)

LIBROS DE 5º: publicamos a lista de dos libros que o centro adquirio con cargo ao fondo solidario e que se corresponden con lotes de 4 ou 6 libros. No caso de que lles correspondan 4 librosteñen que mercar o de lingua castelá, inglés (class book e activity book) e relixión (se é o caso). Aqueles que teñen 6 libros terán que mercar o activity book de inglés e o de relixión (se é o caso).

Libros de 6º: estamos dentro do proxecto E-DIXGAL (libros electrónicos) pero disporemos tamen de libros en papel, Chegamos a un acordo coa editorial  e prestará libros neste formato aos alumnos, só teñen que mercar o activity book de inglés.

Libros de texto curso 2016-17.

Libros de Inglés: En 1º e 2º non se utilizarán os class bookmercar só os activity book. En 3º, 4º e 5º os activity book non entran no fondo solidario.al. En 6º nivel mercar o activity book B.