Skip to Content

biblioteca

DÍA DO LIBRO

Hoxe para conmemorar o Día do Libro levamos a cabo un acompañamento lector no patio. Cada un coa súa parella acomodámonos nun recanto do patio  e pasamos un ratiño estupendo lendo en boa compaña.

VIII CONCURSO DE RELATOS CURTOS MANUEL FABEIRO GÓMEZ

Un ano máis animámosvos a participar no concurso de relatos curtos que organizamos dende a nosa biblioteca escolar e lembrade que está aberto á toda a comunidade.

Cóntanolo!

DÍA DE ROSALÍA

Hoxe foi un gran día na nosa biblioteca! Viñeron as chicas do club de lectura do IES Fontexería a recitarnos uns poemas de Rosalía e fixérono de marabilla! Ademais trouxéronnos unha planta moi bonita como agasallo para a nosa biblioteca nova. Moitísimas grazas!!!! Agardamos poder repetir a experiencia en breve.

MANDADOS DO FACUNDO

SEMANA DA CONVIVENCIA 2024

ANDAINA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

PREME NA IMAXE PARA VER AS FOTOS

OBRADOIRO PAPIROFLEXIA NA BIBLIO

MUROS CONSUME CONSCIENTE

Participamos na campaña promovida polo Concello para impulsar o consumo responsable e o comercio local.

INAUGURACIÓN DA NOVA BIBLIOTECA

Hoxe foi un día de alegría e celebración na nosa escola. Logo de tanto traballo, por fin conseguimos rematar a mudanza do Polbo Ramón. Alumnado e profesorado disfrutamos descubrindo cada recuncho da nova biblioteca emocionados pola novidade.

VI CONCURSO DE RELATOS CURTOS MANUEL FABEIRO GÓMEZ

Un ano máis a nosa biblioteca presenta o Concurso de relatos curtos Manuel Fabeiro Gómez. Con el pretendemos fomentar e incentivar o valor da expresión escrita entre a nosa comunidade educativa; e por iso, animámosvos a todos e todas a que participedes e nos contedes algunha historia, anécdota ou ocorrencia que vos pase polo maxín. Só tedes que lembrar que debe facer referencia dalgún xeito a algunha civilizacion da historia, colleres un papel e un lapis e deixar que voe a vosa imaxinación. 

Premendo na imaxe accederás ás bases do concurso.

Boa viaxe!!

 

Distribuir contido

 

 

     

 

 

 

 



by Dr. Radut