Hoxe, tivemos unha visita moi esperada: Alfonso Blanco. Trátase do autor do libro "A vida na Grecia Clasica" e profesor de latín e grego no IES Fontexería.
Estivemos lendo o seu libro no club de lectura de 6º e foi tamén un libro de consulta obrigada para o alumnado de 4º, que estivo investigando sobre a Grecia Clásica dentro do PDI deste curso "As civilizacións ao longo da historia".
Contounos como era a vida na Antiga Grecia, de onde veñen moitas palabras que empregamos hoxe en día e moitísimas curiosidades e anécdotas desta civilización de un xeito moi ameno e divertido.
Foi un placer poder escoitalo e que nos respondera ás nosas preguntas con tanta paciencia e cariño.
Moitas grazas, Alfonso!!