Skip to Content

biblioteca

A VOZ DO ARTAZA

Chega fin de curso e con el a revista escolar "A Voz do Artaza". Nela nenos e nenas recollen actividades e proxectos levados a cabo durante o curso. Están tamén as diferentes celebracións levadas a cabo e por suposto, as RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS para este verán.

Só nos queda desexarvos un bo verán e coma sempre unhas FELICES LECTURAS!

TEATRO CLUB DE LECTURA DE 5º - VOLUNTARIADO

Hoxe foi outro día de moita actividade na nosa biblio. O club de lectura de 5º representou a adaptación dunha escea da obra "Os vellos non deben namorarse" lectura levada a cabo este curso no club de lectura. Elas disfrutaron moito, pero o público pasámolo xenial. Mirade que artistas!

4º DE INFANTIL PREMIADO NO CONCURSO DE CARTEIS MMM

Hoxe, o noso alumnado de 4º de E.I foi ao concello a recoller o seu premio do concurso de carteis de Muros Mira ao Mar no que quedaron de 1º clasificados na súa categoría. Visitaron o salón de plenos e recolleron os premios de man da alcaldesa e as concelleiras e viñeron contentísimos/as de volta ao cole cos seus diplomas. 

OBRADOIRO do CLUB DE LECTURA no ESPAZO A MACETA

O 12 de xuño,   integrantes dos clubs de lectura e voluntariado da biblioteca, levamos a cabo un divertido obradoiro de estampación téxtil coma colofón do ciclo de lecturas sobre a conservación mariña. Disfrutamos, aprendemos e levamos para casa unha orixinal bolsa personalizada con motivos mariños. Día feliz no espazo A Maceta con Loli e Alba.

CHARLA ASPANAES

Esta semana tivemos na nosa biblio unha visita moi interesante da asociación ASPANAES. A través de Ricardo, un marabilloso actor/escritor con autismo, adentrámonos no seu mundo, coñecemos un pouco máis as características destas persoas e como podemos proceder con eles en determinados momentos. Mostrounos as súas dotes como actor e mercamos os seus libros que están na biblioteca con moita lista de agarda.

RECITAL LETRAS GALEGAS

ONDE nós nunca pasan os trens

Só chegan ou parten

ANUNCIO

OS MAIOS NO COLE

Os nenos e nenas de Infantil viñeron cantarnos os maios.

Primeiro pasaron un rato estupendo compartindo a elaboración dos adornos co alumnado de 6º que sempre están encantados/as de axudar aos pequenos. Logo, pasaron polas aulas cantándonos os maios e alegrándonos a mañá ao tempo que se continúa con esta bonita tradición da nosa vila.

XVI MOSTRA DE TEATRO XOSÉ AGRELO

Achégase o programa do Mes das Letras Galegas do Concello de Muros.

O mércores 15 o alumnado de primaria, iremos ver a obra "Neofalantes" de Luís Vallecillo e o martes 21 o alumnado de Infantil, disfrutará da obra "A galiña Azul".

Un mes cheo de obras para disfrutar das nosas letras !

DÍA DO LIBRO

Hoxe para conmemorar o Día do Libro levamos a cabo un acompañamento lector no patio. Cada un coa súa parella acomodámonos nun recanto do patio  e pasamos un ratiño estupendo lendo en boa compaña.

Distribuir contido

 

 

     

 

 

 

 



by Dr. Radut