Día do espectador - Un curso de película

Chegou o día da presentación de todos os proxectos feitos, relacionados co CINEMA, para este gran momento tamén se invitaron  ás familias.

RETO DE CINE

   Estades listas e listos para aprender sobre cine, seguro que siiii!, que tendes  moitas ganas de investigar cal son as películas que vos van propoñer. Para iso tendes que estar moi atentas e atentos as pistas e ir completando as respostas.

Moito ánimo e a investigar!!!

O cine tamén se le

Este luns, 24 de outubro, xuntámonos para celebrar o día das Bibliotecas Escolares. Grazas á investigación de todo o alumnado, puidemos comprobar que a primeira carteleira do noso cine está composta por películas que naceron de grandes libros.

 

Matilda, Wonder, Elmer, Pippi Calzaslongas ou Harry Potter; xa están dentro das nosas recomendacións e seguiremos lendo as súas aventuras na nosa biblio Anisia Miranda.

 

 

 

Pero a nosa celebración non se quedou aquí. Un xurado composto por 11 expertos, representantes de todas as aulas, deliberaron xuntos para otorgarlle ao noso cinema e proxecto un nome. Despois de escoitar e revisar todas as propostas e ante a expectación dos asistentes...

"The Oscar goes to..."

23S: Concienciación polo clima

Hoxe, 23 de setembro, iniciamos a primeira película deste novo curso cunha actividade de concienciación sobre o cambio climático. Todas as aulas participamos desta orixinal produción e, a través dun acto simbólico, xuntámonos para colgar as nosas pancartas e as nosas creacións de visibilización sobre o clima. 

 

 

PROXECTO 2021-2022

PeitiMuseo d`ARTE

 Un proxecto que pretende tender pontes entre aulas burbulla co fío conductor da Arte traballada dende distintos enfoques: figuras galegas e internacionais relevantes, estilos e correntes, disciplinas artísticas, creacións artísticas recoñecidas, técnicas e ferramentas,…

Inicio de sesión