Este luns, 24 de outubro, xuntámonos para celebrar o día das Bibliotecas Escolares. Grazas á investigación de todo o alumnado, puidemos comprobar que a primeira carteleira do noso cine está composta por películas que naceron de grandes libros.
Matilda, Wonder, Elmer, Pippi Calzaslongas ou Harry Potter; xa están dentro das nosas recomendacións e seguiremos lendo as súas aventuras na nosa biblio Anisia Miranda.
Pero a nosa celebración non se quedou aquí. Un xurado composto por 11 expertos, representantes de todas as aulas, deliberaron xuntos para otorgarlle ao noso cinema e proxecto un nome. Despois de escoitar e revisar todas as propostas e ante a expectación dos asistentes...
"The Oscar goes to..."