PROGRAMA DE RADIO
A emisora COPE - PONTEVEDRA realizou o pasado 13 de Maio o seu programa da mañá desde o Salón de Actos do Colexio, dentro da programación especial adicada á Conmemoración das LETRAS GALEGAS.
Durante o programa realizouse unha entrevista ao concelleiro Demetrio Gómez e o alumnado do Centro preparou pequenos traballos sobre a conmemoración do Ano dos Bosques, coa lectura dun poema-trabalinguas, unha homenaxe a Gloria Sánchez, o proxecto "Salvar un libro", dentro do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares no que ven participando o Centro, lecturas de diversos poemas e rematou o programa cunha actuación musical.
Foi unha mañá moi interesante.