O NOSO CENTRO, UN DOS GAÑADORES DO CERTAME DA REAL ACADEMIA GALEGA

 

TEXTO CITADO DA REAL ACADEMIA  GALEGA 

"Os colexios Saco Arce de Toén (Ourense), Juan Fernández Latorre (A Coruña) e Marco da Portela (Pontevedra) son os gañadores da última edición de Contádenos o voso Día das Letras Galegas. Os tres centros participaron no concurso da Real Academia Galega con traballos arredor da vida e da obra de Ricardo CarvalhoCalero que implicaron a participación do alumnado e das familias durante o confinamento e a desescalada, e que constitúen unha boa mostra do esforzo que realizou o conxunto da comunidade educativa galega para celebrar as Letras Galegas 2020 en plena pandemia. 

 

Tampouco faltaron materiais elaborados polo profesorado para facilitar a celebración dende os fogares. Os colexios gañadores serán premiados con lotes de libros para dotaren as súas bibliotecas.

 

Un total de oitenta centros de educación infantil e primaria de toda Galicia concorreron á última edición de Contádenos o voso Día das Letras, o concurso creado pola RAG en 2017 ao abeiro do proxecto #PrimaveradasLetras. Dende esta páxina web, a RAG, co apoio da Deputación Provincial da Coruña, fornece a comunidade educativa de recursos lúdicos e didácticos para achegar os nenos e nenas á figura á que cada ano se lle dedica o 17 de maio." 

PREME NAS SEGUINTES LIGAZÓNS PARA VER OS TRABALLOS PRESENTADOS

Tres Pasapalabras, un para cada ciclo de Primaria, realizados polo EDL do centro e varios vídeos.
Pasapalabras para cada ciclo
Vídeo realizado pola interpréte de Lingua signos do centro
Vídeo realizado pola ANPA O Miradoiro coa colaboración de toda a comunidade educativa
Intercambio de materiais co Colexio Fingoi de Lugo