Día da Paz
O 29 de xaneiro celebramos no Colexio o Día da Paz e a non violencia, cun pequeno acto no que os compañeiros e compañeiras de 5º e 6º leron un manifesto e prepararon unha presentación cun percorrido polos pensamentos e as ideas do pacifista Gandhi, morto o 30 de xaneiro de 1948.
Tamén fixemos entrega á Cruz Vermella da nosa pequena aportación para contribuir a paliar os efectos do terremoto de Haiti.
Finalmente, cantamos unha CANCIÓN coa que tratamos de expresar os nosos mellores sentimentos sobre a paz.