PROTOCOLO DE QUENDAS PARA TRAMITAR AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL
Con motivo da tramitación das axudas para libros de texto e material escolar, e para evitar aglomeracións ou esperas innecesarias, propoñemos un calendario con quendas por curso:
-Dende o mércores 20 ao venres 22: recollida de impresos (estarán dispoñibles no vestíbulo do centro).
-Luns 25 e martes 26: entrega da solicitude e documentación do alumnado que vai cursar 1º de primaria.
-Mércores 27 e xoves 28: entrega da solicitude e documentación do alumnado que vai cursar 2º de primaria.
-Venres 29 e luns 1de xuño: entrega da solicitude e documentación do alumnado que vai cursar 3º de primaria.
-Martes 2 e mércores 3 de xuño: entrega da solicitude e documentación do alumnado que vai cursar 4º de primaria.
-Xoves 4 e venres 5 de xuño: entrega da solicitude e documentación do alumnado que vai cursar 5º de primaria.
-Luns 8 e martes 9 de xuño: entrega da solicitude e documentación do alumnado que vai cursar 6º de primaria.
-Dende o 10 ata o 19 de xuño: todas aquelas familias que non puideron facer na súa quenda, con cita previa.
Pontevedra, 20 de maio de 2020
A Dirección