LIBROS DIXITAIS DE INGLÉS EN BLINKLEARNING

Todo o alumnado pode ter acceso aos libros dixitais de inglés a través da plataforma BlinkLearning.

Cada clase terá un código diferente que recibirá a través dunha mensaxe en Abalar.

Para crear unha conta podedes consultar os pasos premendo aquí onde atoparedes un PDF explicativo.

Os pasos principais serían crear unha conta e unirse a unha clase:

1. Crear unha conta (páxina 2 do PDF).

  • Introducir o código da túa clase proporcionado en Abalar.
  • Para rexistrarse necesitarás unha conta de correo ao teu nome e outra conta de correo a nome do teu pai ou nai porque lle pedirán autorización (esta información só se pedirá a primeira vez no memento de crear a conta).

2. Unha vez creada a conta será necesario unirse á clase. Dentro da plataforma premer na icona superior do centro "Mi Clase" para unirse e introducir o código proporcionado en Abalar (páxina 4 do PDF).

3. Esperar a que o/a profesor/a acepte e xa teredes acceso ao material.

TRABALLAR EN MODO OFFLINE

Para traballar sen conexión a internet podedes consultar a información aquí. Sería necesaria conexión a internet para realizar a descarga, actualizar tarefas, contidos ou enviar mensaxes.