blogue deadmin1
XORNADA DE PORTAS ABERTAS
Enviado por admin1 o Lun, 26/02/2024 - 12:48INFORMAMOS DE QUE O MARTES, 27 DE FEBREIRO E 5 DE MARZO, ORGANIZAREMOS XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO NOVO. REALIZARASE UNHA VISITA GUIADA, DE 16.00 A 17.00 HORAS, PARA COÑECER AS NOSAS INSTALACIÓNS.
ASIGNACIÓN PRAZAS DE RESERVA 1º NIVEL (CURSO 2024-2025)
Enviado por admin1 o Xov, 22/02/2024 - 13:03Con data de hoxe, 22 de febreiro de 2024, publicouse a listaxe de vacantes escolares asignadas no proceso de RESERVA para o 1º nivel do curso 2024-2025.
Obtiveron praza todos/as alumnos/as que presentaron solicitude en prazo.
Poden consultar as listaxes no taboleiro do vestíbulo do noso centro en horaio escolar.
O alumnado que obtivo praza, formalizará a matrícula neste centro entre o 20 e o 30 de xuño de 2024. As indicacións sobre este procedemento publicitaranse no taboleiro exterior e na web uns días antes do inicio do mesmo.
ABERTO PRAZO DE RESERVA PARA O CURSO 2024 - 2025
Enviado por admin1 o Mér, 17/01/2024 - 15:34Entre o 15 de xaneiro e o 5 de febreiro levarase a cabo o proceso de RESERVA de praza para o curso 2024 - 2025.
Só afecta ao alumnado que cambia de etapa (de 6º de EI a 1ºde EP e de 6º de EP a 1º da ESO) e desexa continuar os seus estudos nos centros adscritos aos que xa está matriculado na actualidade; é decir que desexan reservar praza no CEP Marcos da Portela ou no IES Luís Seoane. .
As solicitudes deberán cubrilas e entregalas no seu centro corespondente (o alumnado de EI, en EEI Fina Casalderrey; o alumnado de 6º de Primaria, no CEP Marcos da Portela).
DECORACIÓN DE NADAL
Enviado por admin1 o Mar, 09/01/2024 - 20:59No Nadal tivemos a gran sorte de disfrutar dunhas instalacións cheas de color e de calor propio desas datas. Agradecemos enormemente o gran labor realizado pola ANPA O Miradoiro e polas familias que se prestaron a colaborar na decoración de Nadal do centro. Non podemos olvidar tampouco o fermoso belén froito do traballo de María Jesús e Pablo Abelleira.
Preme para ver o video da decoración.
BECAS DE COMEDOR FANPA 2023_24
Enviado por admin1 o Xov, 07/09/2023 - 11:56No seguinte enlace poden ver toda a información relativa á solicitude de bolsas de comedor da FANPA para o curso 2023-24.
O praazo para a solicitude remata o 15 de setembro.
REUNIÓNS DE INICIO DE CURSO
Enviado por admin1 o Xov, 07/09/2023 - 11:39As reunións de inicio de curso se celebrarán nos seguintes días e horarios:
1º A/B/C: MARTES 12 DE SETEMBRO ÁS 16.00H NO SALÓN DE ACTOS.
2º A/B: MARTES 19 DE SETEMBRO ÁS 16.15H NA AULA.
3º A/B: MARTES 12 DE SETEMBRO ÁS 16.30H NO SALÓN DE ACTOS.
4º A/B: MARTES 19 DE SETEMBRO ÁS 16.15H NA AULA.
5º A/B: MARTES 26 DE SETEMBRO ÁS 16.15H NO SALÓN DE ACTOS.
6º A/B: MARTES 3 DE OUTUBRO ÁS 16.15H NO SALÓN DE ACTOS.
LISTAXE LIBROS DE TEXTO_CURSO 2023_24
Enviado por admin1 o Xov, 29/06/2023 - 09:02Poden consultar a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso.
A listaxe de material sairá nos primeiros días de setembro.
FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2023 - 2024
Enviado por admin1 o Lun, 19/06/2023 - 14:41A partir do 20 de xuño de 2023 e ata o 30 do mesmo mes, poderán formalizar a matrícula para o curso 2023 - 2024.
Teñen que realizar este trámite os/as alumnos/as novos/as no centro; é dicir, o alumnado que entra en 1º de EP e o alumnado de calquera outro nivel procedente doutros centros e que foi admitido no prazo de admisión correspondente.
Deberán presentar a seguinte documentación:
ENTREGA DE CUALIFICACIÓNS E PRESENTACIÓN DE RECLAMACIÓNS
Enviado por admin1 o Lun, 19/06/2023 - 14:24O mércores, día 21 de xuño, entregaránselle ao alumnado as cualificacións do curso 2022- 2023, e as mesmas poderán ser consultadas tamén, polas familias, a través da aplicación ABALAR a partir das 15h do mesmo día.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »