MARABILLOSO 4º!!
Que sorpresa máis agradable levei o outro día ao comprobar que un grupo de alumn@s da miña clase descubría un mapa da Península Ibérica no pavillón do cole.
- Profe, profe, atopamos un mapa de España no chan !!!
Si, si, un mapa como o que estiveramos a estudar na clase de Ciencias Sociais.
En seguida se puxeron a rotular os sistemas montañosos, os mares, océanos e arquipélagos.
É unha satisfacción moi grande ver que son quen de aplicar o que estudan na aula, na súa vida cotiá.
Parabéns, querid@s alumn@s.
Iso chámase APRENDER.