Skip to Content

Mª Carmen

Mª Carmen

Mapa da zona

O CEP Igrexa Valadares está aquí: 

Camiño Caseiro s/n       36314 Valadares-Vigo

Teléfono: 886111135      Fax: 886111137

Coordenadas: 42.174150, -8.725017 ( 42°10'26.9"N 8°43'30.1"W )

Correo electrónico: ceip.igrexa.valadares@edu.xunta.es

Páxina web: http://www.edu.xunta.gal/centros/cepigrexavaladares 

Blog Biblioteca: http://bibliovaladares.blogspot.com/

 


Ver mapa más grande

Galicia by Amancio Prada


2:10 minutes (1.98 MB)

Entroido 2015

 

   

O Merdeiro

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, ofertounos unha actividade dinamizadora do galego os días 5 e 6 de febreiro, dirixida aos alumnos e alumnas de 5º e 6º.

 - O merdeiro

Obxectivos:

 - Coñecer a figura do merdeiro inserida no entroido tradicional vigués

 - Achegar a historia do entroido tradicional vigués

  - Identificar a figura do merdeiro, a súa historia, carácter...

 Devenvolvemento da actividade:

 1.- Presentación e contextualización do entroido vigués

2.- A figura do Merdeiro: historia, recuperación vestimenta...

3.- Representación dunha saída do merdeiro. Visualizaron un documental sobre a súa recuperación

Exposición "Un mundo de inventos"

O día 10 de xuño rematou a exposición dos traballos realizados sobre o proxecto "Un mundo de inventos". Representamos nunha liña do tempo os inventos máis importantes clasificados polas etapas da Historia. Contruímos coches, cohetes, instrumentos musicais, cámaras de fotos, abanos......


Canto traballamos!!!

Al Andalus

Al Andalus

CONCURSO PORTADA REVISTA ESCOLAR

 

Como nos cursos anteriores, o CEP IGREXA VALADARES convoca un concurso para a elaboración da portada da revista escolar “O ALBA” 2012 segundo as seguintes bases:

1.- Será un debuxo cun  tamaño de 17 x 20 cm para insertar nun A4.

2.-O tema tratará sobre “LECTURA, DEPORTE DE AVENTURA”

3.-Será a cores.

4.-Poderá engadírselle algún slogan, título, viñeta etc.

5.-A data tope de entrega será o 9 de marzo, ós/ás titores/as ou nas oficinas do centro.

6.-Na parte posterior deberá escribirse o nome e apelidos do/a autor/a e o curso no que está o seu fillo/a

7.-O colexio poderá seleccionar o debuxo dun/dunha participante e o texto doutro/a.

8.-Os/as gañadores/as do concurso recibirán un agasallo. Se o/a gañador/a fose un pai/nai o agasallo será para o seu/súa fillo/a.

 

ACTIVIDADES DO DÍA DA PAZ 2012

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ

Os/as alumnos/as realizaron actividades nas aulas en relación coa Paz e Non Violencia.

                ACTIVIDADES COLECTIVAS

1º O alumnado de cada Ciclo coloreou a silueta dunha árbore.

2º Cada alumno/a, recortou a silueta dunha man e escribiu e decorou nela unha palabra relacionada cun dos valores que conlevan á Paz.

 3º As mensaxes son en galego. O profesorado especializado en inglés aportou algunhas mensaxes neste idioma.

4º Ás 11:30 h , segundo se foi avisando, baixamos ao patio e cada Ciclo pegou as súas mans na árbore correspondente. coloca da nun expositor.

5º Ao finalizar, colocamonos todos en círculo e cantamos a canción “¡Que bonita es esta vida!” de  Yoskar Serante.

              6º Unha vez rematada a canción, un alumno/a de Sexto Curso presentou a IÑAKI LÓPEZ REY, veterano do equipo Ría de Adán. Ten conquistado triunfos importantes en diferentes modalidades de canoa. Iñaki leu o Manifesto pola Paz.

 
   

           

Almanaque 2012

"Música na escola"

 Na semana do 28 de novembro ao 2 de decembro escoitamos:

 Música para o 1º concurso 

Ver as bases e as preguntas.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut